cartas de amor

O NOSO ESPAZO

lunes, 26 de noviembre de 2018

I CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Dende o Equipo de Biblioteca xunto co Equipo de Normalización, convocamos ao noso alumnado o
 I CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Agardamos que participedes!!!


MULLERES QUE CONTARON; DECORACIÓN DA BIBLIOTECA

Hoxe no día despois do día internacional da eliminación da violencia en contra das mulleres, pareceunos un día sinalado para compartir con todos vós e damos por inaugurada a porta da biblioteca!!
Tamén vos queremos ensinar o mural da entrada do colexio

E AQUÍ VAI UNHA PEQUENA HOMENAXE ÁS MULLERES QUE FORMARON E FORMAN PARTE DO COLEXIO OCA, MESTRAS QUE CONTARON E MESTRAS QUE SEGUEN CONTADO E TAMÉN UNHA PEQUENA HOMENAXE ÁS NAIS DO NOSO ALUMNADO!!

Esta decoración non sería posible sen a axuda inestimable do Equipo de Normalización e das familias.

OCA EN CONTRA A VIOLENCIA

"Gandhi demostró que la no violencia puede cambiar la historia. Dejémonos inspirar por su coraje y convicción al continuar nuestra labor en pro de la paz, el desarrollo sostenible y los derechos humanos para todos los pueblos del mundo".António Guterres, Secretario General de las Naciones Unidas

Onte conmemorouse o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

O alumnado de 5 e 6º fixeron unha rosa con frases alusivas a esta lacra e como podemos poñer cada un de nós o noso gran de area.
Hoxe no colexio fixemos un pequeno acto simbólico onde o profe Marcos nos explicou o porque desta conmemoración e falamos como dende a escola ou dende a casa podemos colaborar para que non existan desigualdades de xénero nos nosos ámbitos mais próximos
Tamén fixemos unhas mans e colocamos uns crespóns negros para simbolizar a nosa repulsa cara a violencia
Dende Oca queremos que o noso alumnado sexa consciente de que coa axuda de cada un de nós podemos e estamos a tempo de cambiar a cultura do medo, da desigualdade e que podemos ser capacer de transformarnos nunha cultura de igualdade, de diálogo e de reconciliación, en resumo nunha cultura da paz.


jueves, 15 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA

Durante o mes de novembro de novembro celébrase o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Na biblioteca das palabras máxicas decidimos investigar sobre as primeiras mulleres científicas e que foron pioneiras no seu campo. Visitamos moito a biblioteca para documentarnos e demos algunhas pistas sobre estas mulleres:

O alumnado de sexto xa está traballando arreo nos seus traballos e algúns xa o entregaron, e o noso mural sobre o mes da ciencia vai collendo forma, cando rematen farannos unha pequena exposición sobre as mulleres científicas.

lunes, 5 de noviembre de 2018

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O venres día 2 de novembro, tivemos unha visita moi especial!!
A Conselleira de Educación Dona Carmen Pomar xunto co Director Xeral ,  o Xefe territorial e o seu equipo, visitaron o noso colexio, aquí vos deixamos os enlaces da prensa que se fixeron eco desta visita tan especial!!
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/26321

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2018/11/03/ceip-oca-combate-ciberacoso-riesgos-internet-aula/0003_201811D3C49913.htm

https://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/11/03/pomar-subraya-oca-implicacion-colegios/1991457.html

ACTO DE ENTREGA DOS DIPLOMAS D O CONCURSO DE DEBUXO DE SAMAÍN E MAGOSTO

O pasado 31 de Outubro fixemos entrega na biblioteca dun diploma de participación ao noso alumnado do CONCURSO DE DEBUXOS DE SAMAÍN
Pola tarde tivemos o MAGOSTO, coa fantástica actuación de Paco Nogueiras, e despois de bailar...unhas ricas castañas!!