cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta concertos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concertos. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de abril de 2023

CONCERTO A CARGO DE MUSIKENOS

Esta semana recibimos a visita da Academia de Música Musikenos de A Estrada. Dunha forma moi lúdica explicáronnos a evolución da música así como os diferentes estilos musicais existentes ó longo da historia. Todo isto acompañado dun gran concerto. Encantounos!







viernes, 14 de abril de 2023

VISITA A INNOVART2023

 O alumnado de primaria visitou INNOVART 2023.

Foi unha excelente ocasión para coñecer o potencial das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia, xa que se contou con material expositivo e actividades interactivas de: arte dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música. Houbo concertos, conferencias e espectáculos escénicos.





 










martes, 4 de octubre de 2022

CONCERTO DIDÁCTICO DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

 Seguimos con música, neste caso  un concerto didáctico de instrumentos de música tradicional a cargo dos mestres de música da agrupación estradense Tequexetéldere.



 






miércoles, 15 de junio de 2022

CONCERTO DIDÁCTICO

 Onte tivemos no colexio un concerto didáctico  coa colaboración dos alumnos  e dos seus profesores do Conservatorio da Estrada







martes, 14 de mayo de 2019

CONCERTO DIDÁCTICO

    Nesta semana das Letras Galegas, son varios os actos que temos no noso colexio. Hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria achegáronse ata a Estrada para asistir a un Concerto Didáctico no Teatro Principal.
     En colaboración co EDLG do CMUS Profesional de Coruña e os CEIP da Estrada, o noso alumnado  achegouse á tradición dos cantares de cego. O música Pancho Álvarez coa colaboración de Abraham Cupeiro, achegounos a unha das tradicións orais mais importantes de Galicia a través do seu disco  "Florencio, o cego dos Vilares"
     Mestres de música dos Ceip participantes musicalizaron unha estrofa coa colaboración de todo o alumnado que amenizaron a sesión.
     Na 1º parte do concerto Abraham Cupeiro explicou a orixe dos instrumentos de vento, e tamén un dos mais importantes da nosa contorna que é a corna.


     Na 2º parte Pancho Álvarez explicou os instrumentos do Pórtico da Gloria como son o organistrum, a arpa ou a cítara entre outros.




miércoles, 12 de septiembre de 2012

3,2,1 !!!

Hoxe comezamos un novo curso. Que cargados viñamos todos!!! Menos mal que xa deixamos todo o material que vamos necesitar!!!

Pola mañá estivemos coas nosas titoras, despois baixamos ao recreo e para rematar o día ... SORPRESA!! Un concerto ofrecido pola BANDA DE MÚSICA DE BANDEIRA ... isto si que se pode dicir que é comezar con moi bo ritmo!!! Ademais se escoitar todos os instrumentos, tamén tivemos a posibilidade de tocar algúns deles!!!

























E AGORA A PISTA PARA O PROXECTO. A RESPOSTA ESTÁ NESTA ADIVIÑA:

                                                       " Nin a podes ver
                                                         nin vives sen ela"

Que cousa  cousiña será que non a podes ver e que a necesitas para vivir??? Algunha idea?