cartas de amor

O NOSO ESPAZO

viernes, 23 de marzo de 2018

CONTOS DE SOFÁ: LAS HADAS NOS HABLAN DE LA GENENEROSIDAD

Onte visitounos Eva, a mamá de Lois alumno de 2º de primaria e Iria alumna de 4º de primaria, contounos unha fermosa historia que nos fala da capacidade de compartir sen esperar nada a cambio.
O conto leva por título: LAS HADAS NOS HABLAN DE LA GENENEROSIDAD.

Moitísimas gracias EVA!!!





DÍA DA POESÍA 21 DE MARZO

O pasado 21 de Marzo celebrouse o día da poesía. No noso centro o alumnado de primaria leeu os seus micropoemas que presentaron para o concurso da festa das palabras, a palabra escollida foi MAR, que é unha das verbas que máis empregaba María Victoria Moreno, escritora á que se lle adica o día das Letras Galegas 2018.







Logo fixemos un mural onde pegamos todos os micropoemas e o alumnado de infantil fixo un debuxo alusivo.


viernes, 16 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER 2018

O 8 DE MARZO, CELEBROUSE O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
O alumnado do noso centro, por ciclos escolleu unha frase para colocar nas raíces desta fermosa árbore que estivo exposta en ABANCA na Estrada

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 24 de febreiro conmemorouse o día de Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal. No noso centro adicamos un espazo  a esta escritora coas súas grandes obras.

Tamén participamos na homenaxe a Rosalía nun acto no Mome  na Estrada. O noso representante foi YURI, alumno de 6º de primaria

Ademais o noso alumnado participou na gravación dun videoclip que trata de poñer en valor a proxección universal de Rosalía a través de secuencias fragmentadas en distintas linguas e imaxes chegadas de moitos puntos do planeta

https://www.youtube.com/watch?v=BRSawlWKNzA

jueves, 15 de marzo de 2018

GAÑADORES MICROPOEMAS E MICRORELATOS

OS GAÑADORES DO CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS DO CEIP PLURILINGÜE DE OCA FORON:

NORABOA OS PREMIADOS, E TAMÉN A TODOS OS PARTICIPANTES

CONTOS DE SOFÁ: RODRIBICO E O MAR

Onte achegouse ata a nosa biblioteca das palabras máxicas a mamá de Breixo, alumno de 2º de primaria. Endulzounos a tarde cun fermoso conto chamado RODRIBICO E O MAR.
Moitísimas gracias Pili





martes, 13 de marzo de 2018

CONTOS DE SOFÁ: AVENTURA DE LAS LETRAS

Onte visitounos a mamá de Mateo alumno de 2º de primaria. Sentou no noso sofá para contarnos dúas divertidas aventuras que lle pasan  as letras do abecedario. Un fermoso conto titulado  "MÁS DIVERTIDAS AVENTURAS DE LAS LETRAS"

Moitísimas gracias Ita!!!





lunes, 12 de marzo de 2018

CONTOS DE SOFÁ: DE QUÉ COLOR ES UN BESO?

O xoves achegáronse ata a nosa biblioteca a familia de Luisana alumna de 6º de educación infantil.
A mamá de Luisana contounos un fermosísimo conto titulado ¿DE QUÉ COLOR ES UN BESO?
Moitas gracias Susana!!!





jueves, 8 de marzo de 2018

CONTOS DE SOFÁ: EL DRAGONCILLO FUMINO

Onte pola tarde visitou a nosa biblioteca a mamá de Uxía alumna de 2º de primaria e de Leo alumno de 5º de infantil.
Veu para contarnos un precioso conto titulado "EL DRAGONCILLO FUMINO"

Moitísimas gracias María!!!




jueves, 1 de marzo de 2018

CONTOS DE SOFÁ

O pasado martes visitou a nosa biblioteca a familia de María e Lois alumnos de 3º de primaria e 6º de infantil respectivamente.
O papá de Lois contounos un fermoso conto dun ratiño que precisaba axuda de varios animais cunha moralexa moi interesante para o noso alumnado

Logo María deixounos a todos  abraiados co seu conto en forma de truco de maxia.
 Moitísimas gracias familia!!!