cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta cancións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cancións. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de marzo de 2017

DÍA DA PAZ

Durante esta semana estivemos coñecendo a realidade do pobo saharauí. Recaudamos cartos para a súa causa. O día da paz, tivemos unha charla a cargo de Juan Soutelo, delegado deste colectivo en A Estrada.
Ademáis para completar esta xornada, cantamos unha canción relacionada co proxecto deste ano. Un canto  a favor da conservación do medioambiente.

Tamén tiñamos pensado realizar unha carreira solidaria a favor do pobo do Sahara que finalmente non puidemos levar a cabo por mor das condicións metereolóxicas.






Ademáis entregamos as primeiras mochilas viaxeiras. Aquí podedes ver @s afortunad@s!


lunes, 2 de febrero de 2015

PAZ 2015

UN NOVO MES DE XANEIRO E UNHA NOVA OPORTUNIDADE PARA LEMBRAR A IMPORTANCIA DA PAZ NO MUNDO E UN BO MOMENTO PARA CONCIENCIARSE DE QUE CADA UN DE NÓS PODE FACER ALGO PARA CONSEGUILA.

ELABORAMOS MENSAXES DE PAZ E DE LUZ QUE COLGAMOS NUNHA BOMBILLA XIGANTE NA ENTRADA DO COLE ... E DECORAMOS O RESTO DA ENTRADA CON BOMBILLAS MÁIS PEQUENAS.




DESPOIS CANTAMOS DÚAS CANCIÓNS "LLUVIA DE AMOR" E "LIGHT A CANDLE FOR PEACE " (UNHA PARTE EN INGLÉS E OUTRA EN GALEGO) E COMO DI ESTA ÚLTIMA CANCIÓN, NÓS TAMEN ACENDEMOS UNHA LUZ POLA PAZ E CADA UN TROUXO UNHA LANTERNA PARA CANTAR ESTA CANCIÓN E LEMBRAR QUE SON OS PEQUENOS XESTOS DO DÍA A DÍA OS QUE CREAN A PAZ!!!












martes, 6 de mayo de 2014

MAIO: LETRAS GALEGAS 2014

Chega o mes de maio e con el a celebración das LETRAS GALEGAS.

O homenaxeado deste ano é XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO.

Podedes ver aquí un conto editado polo colectivo Fabaloba.

(Fai clic na imaxe para poder ler o libro)



Unha canción de Paco Nogueiras sobre Díaz Castro




Test sobre a vida do autor (Elaborado polo CEIP A Ponte)

(Fai clic na imaxe para acceder ao test)



viernes, 31 de enero de 2014

DÍA DA PAZ 2014

Tivemos un día da paz moi movido. Pola mañá participamos en Portas, xunto con outros colexio da zona, nunha carreira de DEPORTE ESCOLAR.
















Pola tarde, xuntámonos na entrada do colexio, ao lado da  "ÁRBORE DA PAZ", que durante estes días estivemos construindo, cada un coas súas ideas sobre a paz.











Cantamos a canción que preparamos na clase de Inglés "Hey Brother" que fala sobre a amizade.





E aproveitamos este día para comezar coas MOCHILAS VIAXEIRAS. 


(AS COLABORADORAS REPARTINDO AS MOCHILAS)

Como vimos facendo estes anos, as primeiras mochilas saen dun sorteo!!! Os primeiros gañadores foron:
3 anos: Marcos
4 e 5 anos: Alba
1º curso: Carlota
2º curso: Brais N.
2º ciclo: Lonina
3º ciclo: Samuel





Tivemos que aprazar a CARREIRA SOLIDARIA A FAVOR DO SAHARA  porque chovía ...


pero ao día seguinte xuntámonos fóra para facer este acto!!!!!





jueves, 14 de noviembre de 2013

CHEGA O NADAL ...

E co Nadal chega o turrón e mazapán ... pero antes de comer estes doces, nós imos quentando as nosas gorxas para cantar esta bonita canción "HECHO CON TUS SUEÑOS" (Efecto Pasillo & Leire Martínez) que ademais é unha canción solidaria para este Nadal 2013.

Podedes ir practicando mirando este video xa que ten escrito a letra:





viernes, 8 de marzo de 2013

8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Neste día un agasallo musical que acaba de saír á luz.




Aquí podes atopar máis información sobre esta preciosa iniciativa

http://song.unwomen.org/es

miércoles, 30 de enero de 2013

DÍA DA PAZ

Hoxe é o 30 de xaneiro ... Día da PAZ e tivemos un día do máis movido.

Pola mañá participamos nunha carreira de DEPORTE ESCOLAR en Portas.


E pola tarde reunímonos na entrada do colexio e cantamos unha canción sobre a paz. Despois fixemos unha carreira ... si outra máis!!!! pero esta vez foi unha CARREIRA SOLIDARIA POLO POBO DO SAHARAUI ... durante este semana os nenos e nenas estiveron buscando patrocinadores que achegaban unha cantidade de cartos.

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE COLABORARON ... 
SEN A VOSA AXUDA NON SERÍA POSIBLE!!!!

 





Ademais durante todo o mes, nas clases de Relixión o alumando de 3º ciclo  e a Profe Pili estiveron elaborando un MAGNÍFICO MURAL cos lugares de nacemento das persoas que recibiron un PREMIO NOBEL!!! Mirade que ben lle quedou!!!!


viernes, 21 de diciembre de 2012

NADAL 2012



AQUÍ PODEDES VER UN POCO DA CELEBRACIÓN DO NADAL DESTE ANO. HOUBO DE TODO: TEATRO, CANCIÓNS, BAILES ....
PASÁMOLO XENIAL ...
EN BREVE APARECERÁ A SEGUNDA PARTE E OUTRAS SORPRESAS MÁIS!!!

AQUÍ ESTÁ A SEGUNDA PARTE ...




















E AO DÍA SEGUINTE TIVEMOS UNHA SORPRESA ... VEU VISITARNOS ... NADA MÁIS E NADA MENOS QUE ... PAPÁ NOEL!!!! QUE SORTE!!!!







E AGORA MIRADE COMO ESTÁ DE DECORADO O NOSO COLEXIO!!!