cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca creativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca creativa. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de mayo de 2025

TRADIDÁCTICOS

Estamos achegándonos ao Día das Letras Galegas, por iso, hoxe tivemos no centro a visita de Manuel Pardo Lareo cun obradoiro de instrumentos tradicionais, baile galego e pandeireta.

 











Ao rematar con estes obradoiros, Manuel concedeunos unha entrevista para RadiOca. Como é costume, animámosvos a escoitala! Tan só tedes que clicar sobre a imaxe.




jueves, 24 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe 24 de outubro, celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, e por este motivo, visitounos o artista galego MONDRA, para dar comezo ao noso proxecto sobre a MUSICA TRADICIONAL.

Martín Mondragón, coñecido musicalmente como Mondra, é un artista teense, que o pasado maio recibiu o premio Martín Códax na categoría Electrónica. Nova estrela do trad, un xénero que se inspira na música tradicional galega e a converte nun son actual. 

Durante esta xornada todo o alumnado participou en dous obradoiros sobre o baile máis importante de Galicia, a muiñeira, "Tempo de troupelear"; peza de música tradicional que cantaban os nenos e as mulleres no momento de mazar o liño. Mondra ten unha versión desta peza e  quixo compartir con nós o seu baile, ao carón da súa voz acompañado da pandeireta. Asemade coñeceron a súa traxectoria e distintas curiosidades do mundo da música actual. Uns talleres moi interesantes para que o alumnado, entenda a importancia de visibilizar a nosa música e a nosa cultura.











Para finalizar, despois dos talleres, o alumnado tivo a oportunidade de facerlle unha entrevista ao artista, publicarase moi pronto neste blogue para que toda a comunidade educativa disfrutedes do seu visionado. 

A maiores reparteuse o caderno viaxeiro As Nosas Cantigas, espazo no que as familias recollerán cantigas, adiviñas, refráns... calquer relato oral da zona. Trátase dun traballo de memoria, que lle permitirá ao alumnado seguir afondando na tradición da contorna.

lunes, 27 de mayo de 2024

PRESENTACIÓN POEMARIO

O pasado venres vivimos no centro un día moi especial. Unha das alumnas de sexto de Educación Primaria, María, presentou o seu libro. A María encántalle escribir dende sempre e foi plasmado  os seus escritos nun caderno que se materializaron neste libro, en concreto, neste poemario.

Para dita presentación, tivemos o pracer de contar coa escritora lalinense Charo Golmar e de familiares que arrouparon a María neste fermoso momento. Ademais, moitos dos seus compañeiros e compañeiras tamén foron protagonistas da presentación, poñéndolle voz ao seu poema "O Galego" que previamente se encargara de musicalizar Xiana. 

A continuación, deixámosvos algunhas das fotografías e vídeos desta xornada.

 







Durante este evento contamos tamén coa presenza da prensa. A través deste enlace👉https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2024/05/25/prodixio-da-poesia-oca-102868203.html
podedes ver a reportaxe completa.
Dende o centro agardamos que esta sexa tan só a primeira de moitas presentacións e animamos ao resto do alumnado a continuar mergullándose no fascinante mundo da escritura.