cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta VOZ NATURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VOZ NATURA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de junio de 2025

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

O pasado 5 de xuño, celebrouse o Día Mundial do Medioambiente. Para dita conmemoración, dende o centro, realizáronse varias actividades.

Por unha banda, o alumnado de 6º de Ed. Primaria, encargouse da gravación dun podcats no que se aborda o problema da contaminación, falando tanto dos tipos de contaminación existentes, as súas consecuencias, pero tamén aquilo que podemos facer nós para contribuír ao coidado do noso planeta.

Trátase dun programa moi didáctico e entretido, animámosvos a escoitalo!


Ademais, da man de Labralia, todo o alumnado do centro dispúxose á plantación do noso horto. 












A maiores, realizouse unha xornada de limpeza da nosa contorna. O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, encargouse da recollida de residuos en torno ao noso centro e no noso patio. Unha xornada de reflexión sobre a importancia de coidar o medio que nos rodea.







Por último, os cativos/as de 4º e 5º de Ed. Infantil, leron o libro dos Bolechos, Os animais do bosque, lectura moi interesante para dita conmemoración, posto que ademais de presentar aos animais que habitan nos montes galegos, reflexiona sobre a importancia do coidado destos ecosistemas. 

martes, 20 de mayo de 2025

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Esta semana todas as actividades estiveron relacionadas co DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 

 

Actualizamos o recanto das Recomendacións Lectoras:

 




O alumnado de Ed. Primaria, no momento lector, leron os micorrelatos que elaboraron para o actividade da XI Edición de Micropoemas e Microrrelatos:







 




O alumnado de 1º e 2º seguiron traballando na creación do seu mural sobre a clasificación dos instrumentos de música tradicional.

 





 O alumnado de Infantil elaborou a través de materiais de reciclase unhas castañolas:


 

 


viernes, 16 de mayo de 2025

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

 Hoxe o alumnado dende 1º ata 4º de Ed. Primaria, participou nun obradoiro de concienciación medioambiental, sobre a importancia de separación de residuos para o medio ambiente.






 

viernes, 7 de marzo de 2025

OBRADOIRO DE RECICLAXE: DANDO VIDA AOS RESIDUOS

  Seguimos cos obradoiros do Programa de Educación  PONTE A ZERO sobre a reducción e xestión de residuos


 Hoxe foi a quenda do alumnado de 1º e 2º , cun obradoiro de reciclaxe: DANDO VIDA AOS RESIDUOS





 


martes, 4 de febrero de 2025

TALLER DE ALFABETIZACIÓN OCEÁNICA

A semana pasada, o alumnado de terceiro e cuarto de Ed. Primaria, desfrutaron dun taller de alfabetización oceánica organizado por Arenaria Coordinación, departamento pertencente á Universidade de Vigo, en concreto, ao campus do Mar. 
Realizaron diferentes actividades e experimentos que lle permitiron profundizar no coñecemento dos océanos e augas mariñas.