cartas de amor

O NOSO ESPAZO

viernes, 29 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA

O pasado 21 de Marzo celebramos o DÍA DA POESÍA.
Durante a hora de ler o alumnado achegouse ata a biblioteca para ler poesía. Ademais coa chegada da primavera o alumando de Infantil traballou a poesía da PAXARA PINTA  e o alumnado de Primaria a poesía da XOANIÑA ANDEIRA.
As dúas poesías están extraídas do libro Cantarolas de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda





miércoles, 27 de marzo de 2019

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Aquí vos deixamos algunhas das novidades que recentemente acabamos de adquirir para a nosa biblioteca.


 Tamén compramos fondos para o homenaxeado das LETRAS GALEGAS DE 2019: ANTÓN FRAGUAS



CONTOS PARA FOMENTAR UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA

CONTOS PARA PRE-LECTORES E PRIMEIROS LECTORES




 E TAMÉN FONDO BIBLIOGRÁFICO PARA O NOSO PROXECTO DE MULLERES PIONEIRAS



jueves, 14 de marzo de 2019

VI CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS

Aquí vos deixamos os gañadores do noso centro do VI CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS.
Gracias a tod@s pola vosa participación e noraboa aos gañadores!!


jueves, 7 de marzo de 2019

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Cada 8 de marzo celebramos o DÍA DA MULLER, e cada vez máis o noso alumnado é consciente do que se conmemora, de porque hai tanta cor violeta nas rúas, diferentes noticias nos medios de información, actos nas escolas ou mesmo actos nas vilas e localidades.

tem anterior

Cómo ser mujer en el siglo...Así vai quedando o noso centro



Tamén non debemos esquecernos de todas as MULLERES QUE CONTARON, que fixeron grandes cousas polas ciencia, pola natureza, pola tecnoloxía...e un exemplo para saber mais sobre estas mulleres que contaron é esta colección coa que contamos con algún deles na nosa biblioteca da serie "Pequena e Grande"
dia de la mujer
E dende aquí queremos facer unha homenaxe ás mulleres da nosa familia e do nosa contorna; as nosas avoas, tías sobriñas e nais que son exemplos por sí mesmas.

CONCURSO DA CAMELIA

Ahí vos deixamos a exposición dos debuxos participantes do noso centro,  no 19º  CONCURSO DE PINTURA INFANTIL DA CAMELIA en Vedra.
Noraboa aos participantes por tan fermosos debuxos!

O entroido galego: os peliqueiros de Castro de Laza

O pasado venres o profe Marcos de 6º tróuxonos un sorpresa á biblioteca, ensinounos o seu TRAXE DE PELIQUEIRO.

O entroido galego é un entroido con moita historia, e o pasado venres trasladámonos ata a historia dos peliqueiros de Castro que non é igual que os peliqueiros de Laza, aínda que son veciños.



Aquí podedes ver o enlace que trata dun documental feito polo programa Alalá da TVG, onde se vai contando a historia de cómo se recuperaron estes traxes que son feitos na súa totalidade de xeito artesanal
https://www.youtube.com/watch?v=NiR0-rN_tuI

Logo puidemos ver de primeira man as diferentes partes do  peliqueiro, e a maneira de ir poñendo as diferentes e delicadas partes deste traxe.