cartas de amor

O NOSO ESPAZO

jueves, 30 de diciembre de 2010

viernes, 24 de diciembre de 2010

MIROLEO DESÉXAVOS ...

Glitter Photos

Que todos os vosos soños e ilusións se fagan realidade este Nadal!
Miroleo agárdavos á volta con novas sorpresas e moitas, moitas historias por contar!


http://www.glitterfy.com/

lunes, 13 de diciembre de 2010

RECOMENDACIÓNS DE MIROLEO

Miroleo coñece cal e o regalo mellor do mundo ... o máis grande!!! Quérelo saber ti tamén? Pois da unha ollada aquí abaixo e o atoparás.

jueves, 2 de diciembre de 2010

PROTAGONISTAS DO 2º CONTO

2º CONTO: A NOITEBOA DOS XOGUETES

Como segundo conto os nenos/as de 6º preséntannos unha adaptación do conto titulado " A noiteboa dos xoguetes!. Que lles pasará a estes xoguetes? Por que están tristes? Na biblioteca das palabras máxicas temos a solución!
AGARDANDO PARA ENTRAR ...


... XA PODEMOS PASAR!!

 O CONTO ESTÁ COMEZANDO...





POUCO A POUCO CHEGA O NADAL

Comezmos o mes de Nadal e pouco a pouco as cores deste mes comezan a aparecer.

BO NADAL E BOAS LECTURAS

 DECORACIÓN DA ENTRADA
 CAMIÑO Á BIBLIOTECA
 FLORES DE PASCUA
 O TREN DE PAPÁ NOEL


 RENOS
 DECORACIÓN TEITO

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Na entrada da biblioteca fixemos unha pequena exposición con libros, películas e revistas sobre o Nadal

miércoles, 1 de diciembre de 2010

OS PROTAGONISTAS DO 1º CONTO

1º CONTO: CANDO MARTIÑO TIÑAS GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS

Hoxe comezamos as xornadas de contos de Nadal!! Os nenos/as de 6º contaron un conto moi divertido sobre o que se ocurreu a Martiño na noite de Reis ... a que foi divertido? Case mexamos coa risa... e nunca mellor dito!
Entrando na Biblioteca




 Shhh ... o conto está a punto de comezar!!!







martes, 30 de noviembre de 2010

XORNADAS DE CONTOS DE NADAL

ESTA SEMANA OS NENOS E NENAS DE 6º PRESENTARÁN NA BIBLIOTECA DAS PALABRAS MÁXICAS UNHAS XORNADAS DE CONTOS DE NADAL. ESTA É A INVITACIÓN QUE REPARTIMOS POLOS CURSOS. ESPERÁMOSTE!!!!



viernes, 26 de noviembre de 2010

ELIXINDO LIBROS

Hoxe tivemos unha exposición de libros na biblioteca e algúns nenos/as de diferentes cursos baixaron para elexilos. Son as nosas peticións para os Reis  porque ... nos tamén pedimos libros porque os libros nos fan imaxinar, xogar e viaxar a outros mundos... ESTE NADAL TI TAMÉN PODES PEDIR LIBROS.





miércoles, 24 de noviembre de 2010

TEATRO: O FILLO DO TRONO

Hoxe os nenos e nenas de 2º ciclo asistiron no TEATRO PRINCIPAL DA ESTRADA á representación de " O FILLO DO TRONO", obra teatral sobre o camiño de Santiago.
XACOBEO 2010 PRESENTA LA INICIATIVA ‘O FILLO DO TRONO’ DESTINADA A ACERCAR LOS VALORES DEL CAMINO DE SANTIAGO A LOS MAS PEQUENOS 





miércoles, 17 de noviembre de 2010

CONFERENCIA DE VALENTÍN GARCÍA GÓMEZ

O día 16 de novembro tivemos a primeira conferencia en relación ao pazo a cargo de Valentín García. Estaba destinada a todo o alumnado e profesorado. Valentín é o reponsable do Servicio de Normalización Lingüïstica do Concello da Estrada, realiza ademais diversas actividades de dinamización socio- cultural,ademais é presidente do Recreo Cultural da Estrada, membro da Sección de lingua do Consello da Cultura Galega, secretario da fundación Castelao, da fundación Cultural da Estrada do Padroado da Fundación Neira Vilas.
A súa conferencia pareceunos moi interesante, ademais trouxo unha presentación en Powerpoint que nos axudou a seguir este percorrido polo pazo. Falounos dun montón de cousas, empezando por onde viña o topónimo de Oca, pasando pola arqutectura do pazo, historias, xardíns e acabando con pequenas anécdotas que fixeron a delicia dos máis cativos.