cartas de amor

O NOSO ESPAZO

viernes, 31 de marzo de 2023

OBRADOIROS

 Hoxe coa axuda da Asociación Anacos, demos por rematado o trimestre con tres obradoiros manipulativos:

-creación con arcilla

- pintura en bolsas de tea e 

-creación de pulseiras con palabras.

QUE BEN O PASAMOS!!!!

 Aínda quedan por pintar as creacións con arcilla e xa vos ensinaremos que obxectos máis fermosos fixeron!!!




























miércoles, 29 de marzo de 2023

VISITAS ESPECIAIS

Esta semana recibimos no centro ao pai dun dos nosos alumnos de Educación Infantil, Jacobo Porto. Jacobo, acudiu ao centro co fin de achegarnos un pouquiño á súa profesión, a medicina, posto que el é radiólogo.

Foron os nenos e nenas de Educación Infantil e cuarto de Primaria os destinatarios desta visita. Os máis cativos,  tiveron a oportunidade de observar os diferentes ósos, a través de distintas radiografías. Ademais,  puideron manipular algúns dos instrumentos médicos máis  usados.

Por outra banda, os maiores, fixéronlle unha pequena entrevista, analizaron varias probas e coñeceron de primeira  man o funcionamento dos distintos aparellos do corpo humano. 

Encantounos a súa charla! Moitas grazas pola visita!

                                                 








Visita dunha experta: IOGA E MEDITACIÓN

 Hoxe no Ceip de Oca tivemos unha sesión de ioga, meditación e relaxación coa visita de Pili que é osteópata.

Aprenderon diferentes posturas, a meditar e a relaxarse mediante a respiración.





martes, 21 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA

 Co gallo do Día da Poesía, o cativ@s  de 1º e  5º de Educación Primaria realizaron un recitado de poemas.

 
Os poemas foros extraídos de poemarios de  Antonio García Teijeiro, Rosalía Morlán, María Canosa, Concha Blanco e Ana María Fernández.



miércoles, 15 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA

No noso colexio a prensa está moi presente no día a día.Todas as semanas e grazas ó programa Prensa-Escuela recibimos xornais no centro que, os alumnos de cuarto e quinto, lemos e analizamos en grupo, co fin de informarnos e desenvolver unha conciencia crítica.