cartas de amor

O NOSO ESPAZO

miércoles, 19 de junio de 2019

EXPOSICIÓN PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO DE CENTRO

Mañá será o gran día no que ensinaremos ás familias todo o que investigamos sobre as mulleres pioneiras, mulleres que contaron no pasado e seguen estando moi presentes. Esperámosvos a todo@s!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Aquí vos deixamos as Recomendacións Lectoras  de verán que escollemos para o alumando.
Estas recomendacións están elaboradas coa colaboración dos seguintes centros Plambe:
-CEIP PLURILINGÜE DE OCA
- CEIP CABADA VÁZQUEZ
-CEIP DO FOXO
-CEIP PÉREZ VIONDI
-CEIP DE FIGUEROA


DESCARGAR RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2019

DESEXÁMOSVOS BOAS LECTURAS!!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Na xornada de onte fomos de excursión ata Santiago de Compostela. Primeiro visitamos a Cidade da   Cultura; o noso percorrido comenzou coa exposición PENSAR COAS MANS onde vimos cerámicas, cestería e xoería de Galicia. A mostra ofrece unha visión renovada da artesanía, non só como gardiá de oficios en perigo de desaparecer senón formulando unha idea de futuro que fala de beleza dos materiais naturais.



A segunda exposición GALICIA COMO FÚTBOL. VALOR  E MESTRÍA. Durante este exposición vimos mais de 300 pezas dende o ano 1876 no que se data a primeira referencia do fútbol en Galicia.
Logo achegámonos ata Área Central para desfrutar en Urban Planet.

TALLER MEDIOAMBIENTAL; VIXIANTES DO RÍO ULLA

O pasado venres tivemos no centro uns talleres medioambientais para o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de primaria,  a cargo da Asociación Raiceiros de Vedra. Dito taller foi para a concienciación e a importancia da reciclaxe en xeral e mais particularmente do río Ulla.






 Entregáronlle un caderno para ir cubrindo,e ao seu remate envialo á súa sede para que lles fagan un carnet de vixía do río Ulla.

XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP PÉREZ VIONDI

O venres pasado o alumnado de infantil e 1º de primaria desprazámonos ata o CEIP PÉREZ VIONDI da Estrada. Alí presentámonos e logo tivemos unha mañá chea de xogos. Por último o alumnado de 3 anos bailáronnos uns bailes ben fermosos. Moitas gracias pola vosa acollida.