cartas de amor

O NOSO ESPAZO

miércoles, 30 de noviembre de 2011

BIBLIOTECA SOLIDARIA ...

Lembrades que hai algúns días vimos un video sobre o BUBISHER e todos vós quedastes impresionados con este bibliobús??? e moitos de vós, tamén me preguntábades se nos poderíamos axudar de algunha maneira a que o BUBI medrara!!! Pois hoxe teño unha resposta para vos: As bibliotecas de Galicia do PLAMBE están xuntando libros para mandar aos campamentos e facer máis grandes a súa particular biblioteca ...
 ... como xa sabedes, un pequeno esforzo dun pequeno grupo ... ás veces ... fai MOITO

Este é o libro que MIROLEO ESCOLLEU : ARRIBA Y ABAJO ...



Moitos de vos seguramente recoñeceredes esta historia porque na biblioteca xa temos contos deste autor que nos gustan moito como PERDIDO Y ENCONTRADO OU EL INCREIBLE NIÑO COMELIBROS...

viernes, 25 de noviembre de 2011

miércoles, 23 de noviembre de 2011

QUEREDES ESCOITAR UN CONTO?


O pai de LÍA, ALBERTO, contounos "COCO VA AL COLEGIO"

AXUDA AO POBO SAHARAUI

Estes días estivmos recollendo alimentos para o pobo saharaui.
Aproveitamos para ver un video sobre a vida nos campamentos e para coñecer o BUBISHER ... E TI, QUERES SABER O QUE É O BUBISHER?

lunes, 21 de noviembre de 2011

SUPERTICS

COMO XA SABEDES DENDE HOXE ESTAMOS PARTICIPANDO NO CONCURSO SUPERTICS ...
DURANTE OS PRIMEIROS DÍAS ESTAREMOS NA FASE DE PROBAS PARA DESPOIS
PASAR Á FASE DO CONCURSO...

Dende casa podedes entrar no seguinte enderezo para seguir practicando

http://www.matematics.es/

e entrar co voso NOME E APELIDO

Moita sorte a todos e a todasssss ...

viernes, 18 de noviembre de 2011

COLABORADORAS DE HOXE

Hoxe comezamos cos COLABORADORES/AS deste novo curso.
As primeiras en participar foron NEREA e OCEANA que axudaron na BIBLIOTECA DAS PALABRAS MÁXICAS para facer as seleccións das mellores historias máxicas relacionadas con castelos.
En breve poderedes atopar nas diferentes seccións os libros recomendados sobre este tema.

jueves, 17 de noviembre de 2011

QUE PODO LER?



Como xa sabedes este ano a nosa biblioteca é un CASTELO ... onde suceceden moitas cousas e algunhas delas por ARTE DE MAXIA ... así que tendes á vosa disposición desde hoxe unha escolma de libros relacionados con historias que ocurren dentro dos castelos. Son historias de tesouros agochados, de dragóns de catro cabezas ...
  • Un príncipe algo rarito
  • A filla do rei
  • O dragón
  • La princesita bombera
  • Cenicienta
  • O dragón das catro cabezas
  • La bella y la bestia
  • O sabor dos sabores
  • San Jorge y el dragón
  • O traxe novo do rei
  • ¿Dónde está el dragón?

FORMACIÓN DE USUARIOS

Este foi o pequeno libro que dende a BIBLIOTECA DAS PALABRAS MÁXICAS elaborouse este ano para a FORMACIÓN DE USUARIOS, está destinado ao alumnado de 3º ciclo

libro 3º ciclo

QUEREDES ESCOITAR UN CONTO?

Esta semana veu VICTOR o pai da profe BEA para contarnos un conto e voamos con el nunha pomba!!


miércoles, 16 de noviembre de 2011

HORARIOS DA BIBLIOTECA

Aquí tendes o horario deste ano de EMPRÉSTITOS DA BIBLIOTECA para que lembredes traer o día que vos corresponde os libros para cambiar!! BOAS LECTURAS!!!

·   3º CICLO: LUNS 12:50 – 13:35H (4ª Sesión)
·   2ºCICLO: MARTES 12:50 – 13: 35H (4ª Sesión)
·   2ºcurso: VENRES 12:05 – 12:50H (3ª Sesión)
·   1ºcurso: VENRES 12:50 – 13:35H (4º Sesión)

lunes, 14 de noviembre de 2011

Proxecto " Queredes escoitar un conto?"

Hoxe tocoulle á nai de ÁNGEL  que nos contou COCORICO e despois vimos un DVD sobre o conto.



NOVOS LIBROS RELACIONADOS COAS BRUXAS

Estas son as novas adquisicións da biblioteca en relación ao PROXECTO INFANTIL.





CHARLA SOBRE NUTRICIÓN INFANTIL

Durante a tarde do mércores 9 asistimos a unha charla en relación á FEIRA SUSTENTABLE sobre a nutrición infantil. Poidemos degustar mazás ecolóxicas. Aquí podedes ver a nosa aparición no xornal FARO DE VIGO.


"O valor dos bosques na sociedade actual" VIDEOCONFERENCIA

Vimos de participar nunha VIDEOCONFERENCIA moi interesante sobre os bosques ...

Despois participamos no chat facendo chegar as nosas preguntas.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

PROXECTO DE EDUCACIÓN INFANTIL "AS BRUXAS"

Este primeiro trimestre os nosos pequenos e pequenas atópanse mergullados no mundo dos feitizos e da maxia ... esperemos que ningún saia enmeigado!!
Estas son algunhas das cancións que están cantando e os videos que están vendo!! E lembrade que calquera cousa pode pasar ao dicir ... ABRACADABRA. PATA DE CABRAAAAAA!!!!!

LA BRUJITA TAPITA




LA BRUJA LOCA



CORTO DE ANIMACIÓN

viernes, 4 de noviembre de 2011

SAMAÍN E MAGOSTO

Este ano celebramos o Magosto e o Samaín xuntos. Durante esa semana a Biblioteca das palabras máxicas foise enchendo de pantasmas ... algunhas delas apareceron lendo algúns dos nosos libros ... estarían buscando novos trucos para asustar aos nenos e nenas do cole ... ou polo contrario estarían buscando solucións para que os nenos e nenas deixaran de terlles medo??? Ti que pensas??

Ademais, para festexar este día os nenos de 3º ciclo contáronnos un conto de medo titulado "A BRUXA MARUXA" ... a verdade é que daba bastante medo pero ao mesmo tempo pasámolo moi ben e rimos moito coas súas cancións e bailes!!NORABOA RAPACES/AS!!!
Aquí podedes ver os nenos/as que participaron xusto despois da súa actuación ... e agasalláronnos con caramelos para endulzar o noso medo!





Despois saímos ao patio para comer as castañas e celebrar así o magosto!!! E como sempre o noso castañeiro foi ANTONIO.








Para rematar rememoramos xogos tradicionais de roda.





PASÁMOLO MOI BEN!!!