Como ben sabedes, o pasado venres, 23 de Febreiro, celebrouse o Día de Rosalía.
Para conmemorar dita celebración, dende o centro, realizáronse varias actividades.
Por unha parte, dous alumnos de quinto, Saleta
e Mario, acudiron ao Teatro da Estrada para participar no recitado de poemas de
Rosalía, xunto con estudantes doutros centros do concello. O poema elixido polo
noso alumnado, nesta ocasión, foi Campanas de Bastabales.
Ademais, durante o acto presentouse o vídeo Un pelouro que roda. Videoclip gravado e
musicado por A Banda da Loba, do que o noso alumnado tamén é protagonista.
Animámosvos a velo!
Seguindo con actividades adicadas a esta
conmemoración. Durante a xornada de onte, os alumnos e alumnas de cuarto fixeron
unha presentación sobre a escritora, achegando datos sobre a vida e obra desta importatísima poetisa.
Finalmente e para concluír, aproveitamos a
xuntanza para repartir as mochilas viaxeiras, cargadas de xogos e lecturas,
para que tanto nenos como familias, desfruten da lectura dende os fogares.
Co motivo do Día
Internacional da Muller e aNena na Ciencia recibimos na nosa biblioteca a Dilia Martínez. Trátase dunha médico de
emerxencias que acudiu ao noso centro para contarnos en que consiste o seu
incrible traballo, posto que non se trata dunha sanitaria común. A nosa convidada viaxa por todo o mundo
exercendo a súa profesión, Mozambique ou A Antártida, son só dous exemplos da
multitude de lugares que coñeceu grazas ao seu traballo. Estes viaxes
permitíronlle coñecer a fauna de cada país, sendo este un dos aspectos que máis
chamou a atención do noso alumnado.
Chegou Febreiro e con el o esperado Entroido!E
que mellor maneira de festexalo que disfrazándonos tódolos días?
A comezos de semana, foi o Meco o encargado de
dar ordes relacionadas co proxecto do cole, “A volta ao mundo”, dando as
indicacións dos complementos que
deberíamos traer de luns a mércores.
O xoves, e tamén relacionado co proxecto, en
concreto, ca temática mariña, os diferentes cursos, amosamos as orixinais vestimentas
que se foran creando en cada aula ó longo deste mes. Así, os máis cativos de
Infantil vestíronse de mariñeiros, 1º e 2º de gondoleiros, 3º e 4º foron de
piratas, mentres 5º se disfrazou de viquingos e , por último, os alumnos e
alumnas de 6º convertéronse nos reis do mar, sereas, cangrexos e cigalas.
Todo isto, acompañado da divertida actuación do músico Paco Nogueiras.
Para rematar, degustamos as diferentes sobremesas preparadas polas familias. Estaba todo delicioso!
Como ben sabedes, o pasado martes 30 de xaneiro, celebrouse o Día
Escolar da Non Violencia e a Paz. Para celebrar dita conmemoración, o noso
alumnado preparou varias actividades.
Por unha banda, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria,
encargouse da elaboración dunha presentación do máis completa sobre este día,
abordando diversas cuestións: por que se celebra este día, símbolos da paz,
persoaxes que recibiron o Premio Nobel, entre outras moitas.
Por outra parte, os alumnos e alumnas de 3º e 4 º representaron a obra “Todo
é un conto”, obra que transmite unha mensaxe moi axeitada para dito día.
Para rematar, todos os nenos e nenas do cole interpretaron a
canción “EPO E TAI TAI E”