cartas de amor

miércoles, 30 de marzo de 2011

A PARTIR DESTE VENRES ... MERCADO DE LIBROS

A partir do venres, pais/nas, profes/as e nenos/as, podedes vir ao MERCADO DE LIBROS que colocamos na entrada do colexio. Aquí poderedes atopar libros para todas as idades e tamén para as familias.


lunes, 28 de marzo de 2011

AS RECOMENDACIÓNS DAS COLABORADORAS DESTA SEMANA

ESTAS SON AS RECOMENDACIÓNS DE VICTORIA E LUCÍA
  • Contos de ratiños. Arnold Lobel. Ed. Kalandraka
  • Gústame o chocolate. Davide Calí. Ed. Linteo
  • Aprende a ser bruja. Irene Colas. Ed. Planeta Junior
  • Querida Theo. Anne Vantal. Ed. Edelvives
  • Lucía. Xavier Frías. Ed. Merlín
  • Orellas de bolboreta. Luis Aguilar. Kalandraka
  • Cosas graciosas. Stephen Oliver. Ed. Sm
  • El hombrecillo de papel. Fernando Alonso. Ed. Miñón
  • Aprende a ser una princesa. Irene Colas. Ed. Planeta Junior
  • El poder de la luz. Elisabetta Gnone.

BICOS DE ESQUIMÓS

Como xa vos informamos, o alumando de E.Infantil, está traballando nun proxecto sobre a vida nos polos. Aquí vos deixamos un video que está facendo ás delicias dos máis pequenos do cole.
Moitos bicos de esquimós para todos!!

viernes, 25 de marzo de 2011

jueves, 24 de marzo de 2011

PARA SABER MÁIS SOBRE OS ESQUIMÓS...

Mirade a presentación que atoparon as profes de Educación Infantil. Ten un montón de información sobre
a vida e costumes dos esquimós. De seguro que te interesará ...

ENTREGA DE DIPLOMAS MELLOR LECTOR DO 2º TRIMESTRE

Rematamos o segundo trimestre e entregamos os diplomas aos mellores lectores e lectoras de cada curso. Aproveitmos esta xuntanza para entregar tamén os diplomas das comparsas de entroido.

Os mellores lectores en E.P foron:

1º curso: Julián Aguiar Rodriguez
2º curso: Aixa Piñeiro Corral
3º curso: Martín Amigo Ribadavia
4º curso: Celtia Gómez Fernández
5º curso: Nerea Iglesias Espiño
6º curso:Lucía Liste Prieto







lunes, 21 de marzo de 2011

MÚSICA

O 17 de marzo viñeron visitarnos os profesores do CONSERVATORIO HISTÓRICO DE SANTIAGO para falarnos da COOPERACIÓN.
Da súa man coñecimos os principios da cooperación, escoitamos un conto musical sobre os músicos de Bremen e cantamos cancións. Que ben o pasamos! e cantas cosas descubrimos. Aquí abaixo podedes ver un video coas fotos da actuación e xa sabedes rapaces ... A COOPERAR!!!

A COOPERACIÓN

Tendes na biblioteca á vosa disposición o libro sobre o que estaba baseado a obra: Os catro amigos


viernes, 18 de marzo de 2011

AS RECOMENDACIÓNS DAS COLABORADORAS DESTA SEMANA

COMO AS RECOMENDACIÓNS DOS COLABORADORES E COLABORADORAS ESTÁN TENDO ÉXITO, DECIDIMOS AMPLIAR ESTA SEMANA O NÚMERO DE LIBROS:
  • León de biblioteca. Michelle Knudsen. Ed. Ekaré
  • De cando a primavera cría que era inverno. Carlos Labraña. Ed. Gálix
  • Os megatoxos. Anxo Fariña. Ed. A Nosa Terra
  • Desafío al computador. Douglas Colligan. Ed. Everest
  • Herry Sotter y la maldición vegetal. Claudio Comini. Ed. Marenostrum
  • Quién teme al lobo feroz? Lauren Child. Serres
  • Fordlandia. Batem. Ed. Salvat
  • Fiesta de disfraces. Richard Petit. Ed. Marenostrum
  • O mago de Oz. L. Frank Baum. Ed. Tris tram
  • El niño con pijama de rayas. John Boyne. Ed. Salamandra

miércoles, 16 de marzo de 2011

NOVIDADES

Sabíamos que isto podía pasar ... levamos a MIROLEO a unha libreria e ... CASE TOLEA CON TANTOS LIBROS   e claro, voltou cargando con moitos libros, DVD, xogos... para compartir con vos. A qué estades esperando? Visitade as zonas de novidades e podedes descubrir todos estes libros.


ANIMAIS DOS POLOS

Aquí tendes máis libros para seguir investigando sobre os animais que viven nos POLOS




DVD

DVD

DVD

OS POLOS (Proxecto Educación Infantil)

Como saberedes, os nenos e nenas de Infantil están traballando este curso os Polos. Miroleo deixavos aquí algúns dos libros que podedes consultar na biblioteca.
Boas e xélidas lecturas!!!!



DVD

DVD


martes, 15 de marzo de 2011

UN AGASALLO PARA OS NOSOS PEQUENOS

Miroleo enterouse que os nenos/as e as profes de Infantil andan investigando sobre o Polo Norte e o Polo Sur e tamén que están facendo un iglú que xa case están a piques de rematar... así que Miroleo estivo buscando todos aqueles libros que vos poden interesar




e ademais .... mirade o que atopou en internet!!!!! seguro que vos vai encantar... chámase WUMPA.
Fai clic na imaxe e coñecerás a todos estes divertidos animais


Na páxina de Fantasmín, tamén podes atopar unha actividade sobre os animais das zonas frías, ten 4 niveis diferentes de dificultade, segue este enlace e o descubrirás:
http://recursostic.educacion.es/infantil/fantasmin/web/a/aa_02vf.htm
E no seguinte enderezo podedes coñecer moitas cousas sobre os esquimós (a súa vestimenta, os iglús...). Fai clic nos osos polares.


MIROLEO MÁNDAVOS MOITOS BICOS DE ESQUIMÓS PARA TODOS E PARA TODAS!!!

viernes, 11 de marzo de 2011

COLABORADORES E COLABORADORAS RECOMENDAN ...

A partir do mes de marzo poñemos en marcha unha nova actividade na Biblioteca das palabras máxicas. OS COLABORADORES E COLABORADORAS RECOMENDAN ... é un punto de encontro entre o alumnado, onde cada semana dous nenos/as de 6º curso colocan aqueles libros que forman parte da súa vida, que ao longo dos seus anos na escola leron ou escoitaron e que hoxe, por diferentes motivos, quérenllos recomendar aos outros nenos /as.
Comezamos coas recomendacións desta semana feitas a cargo de Diana e Marina:
  • A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Ed. Kalandraka
  • Unha chea de familias. José A. Neira Cruz
  • Doña Pito Piturra. Gloria Fuertes. Ed. Susaeta
  • No molesteis a los difuntos. Ed Lisba
  • Fairy Oak, el secreto de las gemelas
  • Junie B. Jones busca mascota

ENTROIDO 2011

lunes, 7 de marzo de 2011

DÍA 8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Neste día dúas recomendacións de lectura:
Ellas hicieron historia. Marta Rivera de la Cruz. Anaya


Mi primer libro sobre ellas. Marta Rivera de la Cruz. Anaya

miércoles, 2 de marzo de 2011

ENTROIDO

XOVES ...


e xa para rematar ...




SANDALIAS E CALCETÍNS TRAERÁS