cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta medo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medo. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de octubre de 2018

SAMAÍN EN OCA!!! DECORACIÓN DO COLEXIO, CONCURSO DE DEBUXOS DE SAMAÍN, INTERCAMBIO DE POSTAIS E EXPOSICIÓN DOS FROITOS DE OUTONO

No colexio de Oca xa nos puxemos mans a obra coa decoración de Samaín e senón nos credes.... mirade as nosas portas:
                                             Aquí están as portas de Infantil:

E as portas de primaria:



Tamén preparamos NA BIBLIOTECA preparamos un concurso de debuxo e mirade que debuxos tan terroríficos fixo o noso alumnado. O mércores 31 faremos un pequeno acto para facerlle entrega dun diploma de participación e duns premios!!

Tamén todo o alumnado participou nun intercambio de postais de Samaín co CEIP PÉREZ VIONDI DA ESTRADA, estas foron as nosas postais:


Estas son as maravillosas postais que nos fixeron os nenos do PÉREZ VIONDI DA ESTRADA, moitísimas gracias


E por último e non menos importante, a FANTÁSTICA EXPOSICIÓN de  froitos de outono que nos fixeron as familias!!!!SODES UNS ARTISTAS!!!!  





lunes, 4 de noviembre de 2013

HAPPY HALLOWEEN!!!

O día 29 pola tarde celebramos o Halloween e tivemos unha festa moi divertida. Aquí podedes ver algunhas fotos.
Primeiro estivemos na aula de Inglés facendo xogos e despois en Música, tivemos un baile de medo!!!!






Baile de Halloween


lunes, 5 de noviembre de 2012

FESTEXANDO HALLOWEEN E O MAGOSTO ...

O día 30 de novembro, festexamos o HALLOWEEN e o MAGOSTO.

Nese día fixemos moitas cousas.

Pola mañá, na biblioteca tivemos unha sesión de "CURTAS DE MEDO" onde puidemos ver " "The kingdom of witches" e despois asistir á enigmática historia de Vincent, creada por Tim Burton.







Pola tarde, os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo disfrazáronse de momias, pantasmas, bruxas ... e foron polas aulas facendo o "TRICK OR TREAT" ... foi moi divertido, aínda que algún pequeno, levou un susto!!!!












A continuación,  fomos para o patio e fixemos xogos relacionados con castañas. Despois comemos as CASTAÑAS que ANTONIO preparou.
















Tamén viñeron as familias e ademais de degustar este froito típico do outono, tamén puideron asistir á EXPOSICIÓN DE CABAZAS que tiñamos na entrada do colexio.












AS FAMILIAS tamén visitaron a EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO, A  EXPOSICIÓN DE CONTOS DE MEDO e a DECORACIÓN que fixemos polos corredores!!!

















 E ATA SAÍMOS NO XORNAL 
http://www.catrogatos.com/2012/11/o-ceip-de-oca-celebra-o-seu-samain-e-magosto/
FOI UN DÍA QUE DEU PARA MOITO!!!!