cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta día das bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día das bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Hoxe celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.


O lema deste curso das bibliotecas escolares de Galicia, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e na oralidade. A nosa biblioteca atópase  en reformas polo que tomamos ao pé da letra a forza da palabra.

Hoxe festexaremos o Día das Bibliotecas desfrutando das novidades lectoras e das actividades para o fomento da lectura coa colaboracion da Libería Aenea de Santiago de Compostela.






 

Aproveitamos para poñer unhas fotos sobre a nosa biblioteca que se está preparando para que sexa unha biblioteca dinámica, inclusiva e converterse no lugar de recursos para nenos-as, profesorado e familias.



sábado, 24 de octubre de 2020

24 DE OUTUBRO,DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Estimadas familias, dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas Escolares o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación  de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.

O lema deste ano  "Bibliotecas, sempre ao teu carón'  trata de destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.  

 

A biblioteca das palabras máxicas por onde pasan nenos, nenas, mestres e  familias, celebra hoxe o seu día. Ao longo de toda a semana iremos amosando actividades que faremos en torno a esta celebración.




 

jueves, 24 de octubre de 2019

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Hoxe 24 de Outubro co gallo do día das Bibliotecas Escolares, convidamos a Don Valentín García Secretario Xeral de Política Lingüística e a Dona Amalia Goldar Concelleira de Educación do Concello da Estrada para ensinarlle o noso proxecto sobre as Mulleres Pioneiras Galegas Actuais.
A nosa sorpresa foi tremenda cando vimos que non viñan sós, que viñan acompañados dos BOLECHAS!!!!
Moitas gracias a todos por vir!!




jueves, 25 de octubre de 2018

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Onte día 24 de Outubro celebrouse o día das bibliotecas escolares. Atopámonos inmersos no proxecto da biblioteca MULLERES QUE CONTARON, e para iso os colaboradores fixeron unha pequena exposición sobre AS MULLERES QUE CONTARON....POESÍA!!!
Durante o recreo do martes estiveron traballando arreo para prepararnos esta fermosa exposición:


O equipo de biblioteca elaborou un cartaz para conmemorar este día, no que propuxemos unhas recomendacións sobre libros de poesía para o noso alumnado:


A hora de lectura de onte foi un pouco mais especial que a cotío, xa que dende os pequerrechos ata os mais maiores tiveron entre as súas mans libros de poesías, aquí vos deixamos un exemplo do moito que disfrutaron os nenos de 1º de primaria

viernes, 24 de octubre de 2014

24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Xa nos atopamos QUENTANDO MOTORES na nosa biblioteca e botando a andar, un ano máis, con moita ilusión un proxecto novo " ILUMÍNATE COA LECTURA" que xira en torno á luz e á enerxía por ser o ano 2015 o "ano internacional da luz e das tecnoloxías baseadas na luz".

Pouco a pouco imos "iluminando" a entrada da nosa biblioteca e hoxe, 24 de outubro, fixemos un acto de inauguración onde cada curso fixo a súa achega persoal.

Aquí podedes ver fotos de todo!!!!





24 DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES