cartas de amor

O NOSO ESPAZO

miércoles, 17 de enero de 2024

OBRADOIRO DE RADIO CON CRISTINA COLLAZO

Durante esta xornada tivemos a gran sorte de contar no centro coa visita da actriz Cristina Collazo. Cristina acudiu ó colexio para impartir un taller de radio, pero como ben sabedes, a radio esixe dunhas prácticas previas á gravación, para que o resultado sexa o mellor posible.

Deste xeito, durante o día de hoxe, Cristina ensinounos exercicios e técnicas de quentamento vocal e corporal, de respiración, concentración e improvisación. Todo a partir de xogos divertidísimos, cos que o alumnado desfrutou enormemente.

Unha vez feito isto, puidemos comezar a preparar os contidos e a programación de dito programa de radio, cuxa gravación se levará a cabo na próxima visita. 

Estamos desexando que chegue ese día!

Para finalizar, amosámosvos algunhas fotos das actividades levadas a cabo. Para velas todas só tedes que clicar aquí.





martes, 16 de enero de 2024

NOVIDADES

Esta semana a biblioteca está chea de novidades. Trátase de exemplares elixidos polo alumnado e que xa forman parte dos estantes da nosa biblio, listos para ser lidos. 

Nas imaxes podedes ver parte do novo material pero, por suposto, non todo. Para descubrilo, só tedes que visitar este espazo e elixir aqueles que máis vos gusten. Agardámosvos!

 



 
                                                                                      



MIROLEO RECOMENDA

Durante este mes de Xaneiro no que se celebra O Día Escolar da Non Violencia e a Paz, Miroleo recomenda diversos libros relacionados con esta conmemoración. 

Non o perdas! Achégate a lelos!


miércoles, 10 de enero de 2024

MALETAS VIAXEIRAS

Dende hoxe na biblioteca contamos con máis material, tanto libros como xogos, para todas as idades, posto que recibimos unha maleta viaxeira chea de novidades relacionadas ca temática, biblioteca creativa.

O alumnado poderá desfrutar deste material durante o mes de Xaneiro e comezos de Febreiro, momento no que se recibirán novos exemplares que abordarán cuestións diferentes.

Animámosvos a pasar pola biblio e descubrir todos os cambios!




martes, 9 de enero de 2024

FESTIVAL DE NADAL

Como todos os anos e para dar a benvida ás vacacións de Nadal, organizamos un festival que contou con  actuacións de todo tipo: obras de teatro, de monicreques, panxoliñas, interpretacións  instrumentais…  protagonizadas por todo o alumnado, dende os máis cativos de infantil ata os maiores de sexto. Ademais, para rematar, recibimos unha visita do máis especial, Papá Noel, acudiu ao noso centro entregando uns deliciosos agasallos.

Desfrutamos dunha mañá realmente divertida!

A continuación, recóllense fotos desa  xornada. Para acceder as mesmas só tedes que clicar aquí.