cartas de amor

O NOSO ESPAZO

jueves, 21 de diciembre de 2017

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Onte as súas Maxestades  de Oriente xunto con Papá Noel visitaron o CEIP DE OCA. Foi unha tarde moi especial chea de visitas, nervios e moita emoción, onde tanto as súas Maxestades como Papá NOEL compartiron co noso alumnado momentos irrepetibles!!!!









RECOMENDACIÓNS DE NADAL


Estas son as recomendacións dos libros de nadal que elaboramos conxuntamente os 5 centros PLAMBE DA ZONA. DEIXÁMOSVOS O ENLACE PARA DESCARGAR





jueves, 14 de diciembre de 2017

CHEGOU O NADAL AO NOSO CENTRO

Os nenos e nenas do Ceip de Oca coa axuda das súas mestras e mestres, adornaron as portas das súas aulas.
Mirade como quedaron






Na entrada do noso centro, puxemos un nacemento aportado por unha familia

Queremos amosarvos o gran traballo que fixeron os anciáns da residencia de Vea para o noso alumnado de Educación Infantil dentro dun proxecto interxeracional que levaron a cabo conxuntamente que consisteu no intercambio de adobíos de nadal


Ésta é a árbore da residencia de Vea que loce coas manualidades que fixo o alumnado de infantil





viernes, 1 de diciembre de 2017

MAGOSTO , XOGOS POPULARES E EXPOSICIÓN DE CABAZAS

O pasado 2 de novembro celebramos o magosto: tivemos unha tarde moi divertida con xogos populares e tamén aproveitamos para inaugurar a sala multiusos do noso centro.
Ahí vos deixamos unhas imaxes do ben que o pasaron os nosos cativos cos xogos populares.





Aproveitamos tamén para ensinarvos a fantástica exposición de cabazas que fixeron as familias do noso alumnado. Darvos a tod@s as grazas pola vosa colaboración  e tamén a noraboa!!!!  Ahí vai unha pequena mostra da exposición: