cartas de amor

O NOSO ESPAZO

martes, 27 de febrero de 2018

CONTOS DE SOFÁ: EL BRONTOUSAURIO

Hoxe visitou a nosa biblioteca a mamá de Izan, alumno de 5º de infantil para contarnos dous fermosos contos sobre os animais que mais interese espertan nos nosos nenos e nenas: os dinosaurios.
Moitas gracias Araceli!!







XORNADAS DE EDUCACIÓN EMOCIONAL E TAICHI

Dende o pasado xoves , estanse a levar a cabo no noso colexio unhas xornadas sobre EDUCACIÓN EMOCIONAL E TAICHI para o alumnado de primaria. En total son catro xoves e dita actividade está sendo impartida a través da Asociación estradense ACROFAM.

No vindeiro mes, levarán a cabo catro sesións de MUSICOTERAPIA dirixidas ó alumnado de infantil.

Ditas sesións, están a resultar moi novidosas a par que interesantes para o noso alumnado, onde traballan a empatía, sentimentos, emocións... Ahí vos deixamos unha mostra.






GAÑADORES CONCURSO DA CAMELIA DE VEDRA

Os gañadores do concurso da camelia de Vedra, recibiron este pasado domingo os seus agasallos. A premiada por parte do noso colexio foi Fabiola alumna de 2º de primaria cun terceiro premio na categoría de 7 a 9 anos.
Noraboa Fabiola!!




lunes, 26 de febrero de 2018

Entroido 2018

O pasado xoves celebramos o entroido no colexio. Tivemos unha tarde solleira a ritmo de música para ir desfilando nenos, mestres e familias dende o colexio ata o Pazo de Oca.
Xa alí puidemos desfrutar do fermoso entorno e de varias actuacións dos diferentes cursos.
Ademais degustamos unha merenda con postres variados do entroido aportados polas familias.

Podedes ver mais fotos nunha reportaxe do Faro de Vigo
 http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/02/22/historia-pazo-oca-revive-carnaval/1842710.html

Aquí vos deixamos unha mostra






jueves, 22 de febrero de 2018

CHARLA SOBRE A RCP

O pasado luns visitaron o noso colexio membros de Protección Civil da Estrada para aprenderlle ao noso alumnado de primaria como se faría a reanimación cardiopulmonar.
Foi unha tarde de moito aprendizaxe mesmo puideron ser partícipes dun simulacro de maniobra de dita reanimación.
É fundamental inculcarlle ao alumnado da importancia de ser coñecedores de certos aprendizaxes e sobre todo que sexan conscientes de que nalgún momento se poden topar nunha situación de perigo e deben saber reaccionar.
Moitas gracias!!








jueves, 15 de febrero de 2018

CONTOS DE SOFÁ: OS TRES PORQUIÑOS

O pasado xoves visitaron a biblioteca das palabras máxicas uns personaxes moi especiais. Estes personaxes contáronnos o conto dos tres porquiños, un fermoso conto que gusta dende os mais pequenos ata os maiores!!Moitisimas gracias familias!!!







jueves, 8 de febrero de 2018

CONTOS DE SOFÁ: QUEN LLE TEN MEDO A ARAÑA

Onte pola tarde visitou a nosa biblioteca das palabras máxicas a familia de Alba e Mario. Contáronos un fermoso e temeroso conto titulado: QUEN LLE TEN MEDO A ARAÑA? e que nos ensinou que non todas as arañas son malas!!!Moitas gracias familia!!!!






miércoles, 7 de febrero de 2018

CONTOS DE SOFÁ: SOPA DE CALABAZA

Onte pola tarde visitou a nosa biblioteca Ana María, a mamá de Sara alumna de  4º de Educación Infantil. Contounos un fermoso conto titulado SOPA DE CALABAZA.
Moitisimas gracias Ana María!!!!