cartas de amor

O NOSO ESPAZO

miércoles, 31 de mayo de 2023

CORRELINGUA 2023

 Hoxe os alumnos e alumnas de Ed. Primariaxunto cos centros da comarca,  foron á Estrada ao CORRELINGUA

CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras en prol do idioma que se convocaron no país. É unha proposta de carácter lúdico, educativo, e reivindicativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.















viernes, 26 de mayo de 2023

A VOLTA AO MUNDO: RECEITAS DO MUNDO

 Continuamos co proxecto de centro que versa sobre A VOLTA AO MUNDO.

Hoxe tivemos a visita dunha experta Angélica que nos ensinou comidas típicas de Venezuela.

Os nenos/as de Educación Infantil aprenderon a facer AREPAS











 




Os nenos/as de 1º e2º aprenderon a facer TEQUEÑOS






MOITÍSIMAS GRACIAS POR TODO O QUE APRENDIMOS!!!

jueves, 25 de mayo de 2023

TORNEO DE XADREZ

Esta semana dou comezo o torneo de xadrez dende a biblioteca. Deste xeito, os alumnos e alumnas disfrutan durante o recreo de apaixonantes partidas de xadrez. Para asegurarnos que se cumpren con todas as normas, contamos entre o alumnado con árbitros que garanten o correcto transcorren da competición.





lunes, 22 de mayo de 2023

A MIÑA PALABRA FAVORITA É...

 E por último o alumnado de 5º de primaria explícannos as súas palabras favoritas en galego









martes, 16 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 Hoxe celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, polo que visionamos un vídeo explicativo sobre o homenaxeadoa Francisco Fernández del Riego, un dos impulsores desta festa das nosas letras.

Dende o Seminario Galán sempre se fan propostas moi divertidas e didácticas para aprender cousas moi interesantes dos homenaxeados

 




Despois todos xuntos interpretamos o HIMNO DE GALICIA


 

 


 


A MIÑA PALABRA FAVORITA É...

 Hoxe é a quenda dos alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria.

 

 

lunes, 15 de mayo de 2023

A MIÑA PALABRA FAVORITA É...

 Coincidindo coa celebración das LETRAS GALEGAS argallamos esta actividade para que os nenos/as nos amosen as súas palabras favoritas en galego.

Comenzamos  polo  alumnado de 1ºde Educación Primaria.

 


 

 




miércoles, 10 de mayo de 2023

PLANTACIÓN HORTO ESCOLAR

 Coa chegada do bo tempo, a nosa horta comeza a dar os primeiros froitos: AS FRESAS!!

Estes días nos recreos estamos comendo as fresas da nosa horta







E hoxe, despois de preparar o horto, comenzamos coa plantación coa axuda de Óscar de Labralia

Os nenos e nenas de Educación infantil, plantaron sandías e leitugas, e o alumnado de Primaria tomates e pementos.