cartas de amor

O NOSO ESPAZO

jueves, 22 de junio de 2023

DINAMIZA TV 2023

 Un ano máis, podemos amosarvos os resultados da actividade realizada en colaboración co Concello da Estrada e os Equipos de Dinamización da lingua galega da Estrada:DINAMIZA TV!!

No noso noticieiro ensinámosvos varias actividades feitas ao longo do curso, entrevista a nosa auxiliar de conversa, os atranques do entroido, recunchos preferidos, xogos tradicionais, recomendacións lectoras...quedades coas nosas presentadoras Xiana e María:










EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO , CURSO 2022-2023

 Onte para rematar o curso, realizamos todo o colexio unha saída ó Grove. Primeiro fomos en catamarán pola Ría de Arousa, logo visitamos o Acuario e por últimos desfrutamos na Aldea Grobbit.

Mirade que ben o pasamos







































viernes, 16 de junio de 2023

Recomendacións lectoras verán 2023

 O curso está chegando ó seu remate, e por iso para os momentos de lecer do verán, aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para todas as idades e gustos. Un traballo conxunto entre os centros Plambe da Estrada


 BOAS LECTURAS!!!



miércoles, 7 de junio de 2023

X FESTA DAS PALABRAS

Onte tivo lugar a décima edición da Festa das Palabras!

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2023/06/07/span-langgl-estrada-presume-canteira-literaria-galegospan/0003_202306D7C4994.htm

Na xornada entregáronse os premios aos 62 gañadores, que recibiron os exemplares, ademais de 14 ilustracións feitas por nenos e nenas de Educación Infantil.

✍️ A portada foi deseñada por Rosa de Cabanas e o prólogo escribiuno Charo Golmar, madriña da edición, quen puxo en valor o emprego da nosa lingua.

A tarde estivo amenizada pola música do proxecto Valladares.

Velaquí vos deixamos algunhas imaxes ⤵





jueves, 1 de junio de 2023

PROXECTO A VOLTA AO MUNDO: O PLANETARIO

 Hoxe no colexio tivemos a oportunidade de ter un PLANETARIO!!🌎

En dúas sesións o alumnado  visionou dúas proxeccións interactivas dentro dunha bóla ou cúpula hinchable. O cine esférico proxectou imaxes en 360º e en formato "full dome" en 3D.


 








 




miércoles, 31 de mayo de 2023

CORRELINGUA 2023

 Hoxe os alumnos e alumnas de Ed. Primariaxunto cos centros da comarca,  foron á Estrada ao CORRELINGUA

CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras en prol do idioma que se convocaron no país. É unha proposta de carácter lúdico, educativo, e reivindicativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.