cartas de amor

O NOSO ESPAZO

martes, 30 de noviembre de 2010

XORNADAS DE CONTOS DE NADAL

ESTA SEMANA OS NENOS E NENAS DE 6º PRESENTARÁN NA BIBLIOTECA DAS PALABRAS MÁXICAS UNHAS XORNADAS DE CONTOS DE NADAL. ESTA É A INVITACIÓN QUE REPARTIMOS POLOS CURSOS. ESPERÁMOSTE!!!!



viernes, 26 de noviembre de 2010

ELIXINDO LIBROS

Hoxe tivemos unha exposición de libros na biblioteca e algúns nenos/as de diferentes cursos baixaron para elexilos. Son as nosas peticións para os Reis  porque ... nos tamén pedimos libros porque os libros nos fan imaxinar, xogar e viaxar a outros mundos... ESTE NADAL TI TAMÉN PODES PEDIR LIBROS.





miércoles, 24 de noviembre de 2010

TEATRO: O FILLO DO TRONO

Hoxe os nenos e nenas de 2º ciclo asistiron no TEATRO PRINCIPAL DA ESTRADA á representación de " O FILLO DO TRONO", obra teatral sobre o camiño de Santiago.
XACOBEO 2010 PRESENTA LA INICIATIVA ‘O FILLO DO TRONO’ DESTINADA A ACERCAR LOS VALORES DEL CAMINO DE SANTIAGO A LOS MAS PEQUENOS 





miércoles, 17 de noviembre de 2010

CONFERENCIA DE VALENTÍN GARCÍA GÓMEZ

O día 16 de novembro tivemos a primeira conferencia en relación ao pazo a cargo de Valentín García. Estaba destinada a todo o alumnado e profesorado. Valentín é o reponsable do Servicio de Normalización Lingüïstica do Concello da Estrada, realiza ademais diversas actividades de dinamización socio- cultural,ademais é presidente do Recreo Cultural da Estrada, membro da Sección de lingua do Consello da Cultura Galega, secretario da fundación Castelao, da fundación Cultural da Estrada do Padroado da Fundación Neira Vilas.
A súa conferencia pareceunos moi interesante, ademais trouxo unha presentación en Powerpoint que nos axudou a seguir este percorrido polo pazo. Falounos dun montón de cousas, empezando por onde viña o topónimo de Oca, pasando pola arqutectura do pazo, historias, xardíns e acabando con pequenas anécdotas que fixeron a delicia dos máis cativos.

martes, 2 de noviembre de 2010

20 RECOMENDACIÓNS PARA O SAMAÍN

Gústache pasar medo? Aquí tes vinte libros cheos de historias de bruxas, ogros, casas misterioras, eu que ti, non os lería a soas. Pódelos atopar nas recomendacións do mes que fai Miroleo. Hai para todas as idades!!
1. A bruxa regañadentes
2. A miña amiga escuridade
3. Corre, corre  cabariña
4. Invasores del espacio
5. Un montón de (espantosos) ogros
6, ¿Quién teme al lobro feroz?
7. Indo para o Samaín
8. Junie B, Jones y el monstruo debajo de la cama
9. Un pesadelo no meu armario
10.Monstruos queridos
11. La bruja Brunilda y el pequeño dragón
12. La mansión misteriosa
13. Un caso grave de fantasmas
14. A pantasma da torre
15. A bruxa que non sabía rir
16 Quen lle ten medo á tormenta?
17. A pantasma do castelo
18. De profesión, fantasma
19-  El monstruo de la oscuridad
20. Algunos miedos


E case sen darnos conta ... chegou o magosto





E chegou o magosto e Miroleo foi coller castañas, como podedes ver na foto, e cando voltou atopouse que a entrada da biblioteca cambiara de aspecto...

BENVIDOS COLABORADORES/AS

Aquí vos presento aos colaboradores da biblioteca durante o novo curso (2010 - 2011). Eles serán os escargados de axudar na biblioteca das palabras máxicas e conseguir que todo estea no seu sitio, así como axudar aos máis pequenos a elexir libros. Ánimo rapaces e rapazas!!!

EDICIÓN DE CARTEIS DE APERTURA DE BIBLIOTECA

Miroleo pediunos que lle axudáramos a informar que a biblioteca abría as súas portas. Os nenos/as de 3º ciclo, en colaboración coas TICS  elaboramos diferentes careis para animar a todos/as a que se pasen pola biblioteca e así tamén, traballamos os medios de comunicación e os carteis informativos. O que quedou mellor puxémolo no recibidor (hall) do colexio. A verdade é que foi difícil decidirse porque todos estaban moi ben.
Aquí podedes ver algunha delas

FORMACIÓN DE USUARIOS

Esta vez Miroleo fíxoa boa ... encondeu nos libros pequenas pistas que hai que seguir para atopar os libros polo que pasou. Os nenos/as de 3º Ciclo, axudáronlle a atopalas, Aquí podedes ver as pistas antes de que saíran voando para os seus escondites.