cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta microrrelatos e micropoemas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta microrrelatos e micropoemas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de mayo de 2026

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Comenzamos unhas das semanas mais especiais, A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.

Ao longo da semana o alumnado de Ed. Primaria fixo a lectura dos seus microrrelatos XII Edición de Micropoemas e Microrrelatos.



 


 

O alumnado de  Ed. Infantil tameń  estivo traballando sobre a nosa homenaxeada.




No seguinte enlace ver todos os micropoemas e microrelatos do noso alumnado 


Ademais, o alumnado de terceiro e cuarto de Ed. Primaria, investigaron sobre a vida e obra da xornalista Begoña Caamaño, para gravar o seguinte pódcast.
Animámosvos a escoitalo!

Só tedes que clicar sobre a imaxe!


miércoles, 18 de marzo de 2026

DÍA DA POESÍA: VISITA DE XOSÉ LUNA

 Hoxe para celebrar o  DÍA DA POESÍA  visitounos Xosé Luna:  mestre, escritor e activista cultural do noso concello.

Presentounos o seu novo libro adicado a Avelina Valladares, que, con motivo do bicentenario da poeta estradense,a editorial Galaxia publicou recentemente toda a poesía da  Cantora do Ulla , a Obra poética. Avelina Valladares Núñez.

 

Xosé é un gran divulgador sobre a figura de Avelina Valladares  e ensinoulles moitas curiosidades como que foi pioneira da literatura galega e destacou como unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión para a prensa e pioneira tamén en empregar o galego nos seus poemas.

Para o noso alumnado, Xosé Luna é un dos escritores de referencia, xa que ao longo do curso adoitan ler as súas obras e mesmo empregan  os seus poemas para as diferentes conmemoracións do colexio.



Tamén o alumnado recitou os seus poemas que elaboraron para a XIII edición de MICROPOEMAS E MICRORELATOS.









 MOITÍSIMAS GRAZAS POLA TÚA VISITA!!









 

viernes, 21 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA

 O 21 de marzo, celebramos o DÍA DA POESÍA.

Actualizamos o recanto de MIROLEO RECOMENDA....

 



No momento lector o alumnado de Ed. Primaria estiveron  lendo os seus fermosos micropoemas que fixeron para a participación do XII Concurso de Micropoemas  e Microrrelatos.

Este ano as palabras elixidas para os micropoemas foi pobo e para os microrrelatos foi pandeireta.


 























 

miércoles, 26 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA

Como ben sabedes, o pasado venres,  23 de Febreiro, celebrouse o Día de Rosalía. Para conmemorar dita celebración, dende o centro,  realizáronse varias actividades.

O alumnado de 5º realizou unha exposición da vida e obra de Rosalía.















Tamén demos a coñecer os finalistas do concurso de Micropoemas e Microrrelatos. Queremos dar a noraboa a  todos os participantes!

 




Por outra parte, todo o  alumnado de infantil, realizou unha actividade en  colaboración coas familias e,  mirade que Rosalías tan fermosas nos quedaron!



E ademais Isaac, Uxía e Erea  de 3º de Educación Primaria participaron no acto en homenaxe a Rosalía de Castro celebrado onte no Teatro Principal da Estrada, xunto con compañeiros e compañeiras doutros centros da Estrada.


 




 

Para rematar, queremos ensinarvos o videoclip publicado polo Concello da Estrada no que rinde homenaxe á matriarca das nosas Letras. Desta volta, quixeron facelo a través do pincel do artista multidisciplinar Cayetano Lledó, dunha fermosa elexía de Federico García Lorca escrita para a poeta padronesa un 29 de marzo de 1919 e coa cálida voz de Sheila Carbia. O talento do director estradense Lucas Terceiro foi quen de abrollar este fermoso caravel audiovisual que arrecende a melancolía, tristeza e solidariedade cos que máis sofren. 

Animámosvos a velo!

Pintor: Cayetano Lledó 

Recitadora: Sheila Carbia 

Directora de Produción: Paula Cereixo

Director: Lucas Terceiro

 



 


lunes, 10 de junio de 2024

MICRORRELATOS E MICROPOEMAS

Aquí vos deixamos todos os microrrelatos e micropoemas elaborados polo alumnado para a participación no XI CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS  organizado dos Equipos de dinamización lingüística dos centros educativos estradenses.

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES E PREMIADOS



jueves, 23 de mayo de 2024

FESTA DAS PALABRAS

Onte celebramos a novena edición da FESTA DAS PALABRAS cun acto no que a nosa lingua foi a protagonista, coa entrega dos premios  do XI Concurso de Micropoemas e Microrrelatos.

Este ano os autores e autoras tiveron que incluír a palabra música nos microrrelatos e a de silencio nos micropoemas e que foron elixidas por formar parte dos títulos das obras de Luísa Villalta a quen se homenaxea nestas Letras Galegas.

O padriño literario deste ano é o escritor, investigador e profesor estradense, Carlos Loureiro Rodríguez. Dende a súa faceta de ensaísta e investigador conta con obras como Manuel García Barros, obra e pensamento (2021) ou o seu Dicionario de escritores de Tabeirós-Terra de Montes (2004). Como editor destacan as súas publicacións de obras de Varela Buxán, Losada Diéguez ou Manuel García Barros.

No acto non faltou tampouco a música, da man de Lucía Azurmendi, que actuou  acompañada do seu grupo.