cartas de amor

O NOSO ESPAZO

viernes, 31 de enero de 2020

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Na xornada de onte conmemoramos o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.
Foron varias as actividades que levamos ao longo de todo o día.
Primeiro tivemos dúas actuacións:
-o alunmado de infantil 1º e 2º cantaron a canción "Apertas que voan".
-o alunmado de 4º, 5º e 6º cantaron o "Rock da paz".
Despois o alumnado de 5º e 6º fixeron unha representación teatral adaptado ao galego do conto "O PEIXE ARCOIRIS" Ao longo de toda a semana estiveron decorando o corredor, mirade que bonito quedou!


Tamén aproveitamos para a presentación DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: MULLERES PIONEIRAS ACTUAIS.
Despois da primeira fase de búsqueda de información, repartimos o traballo por cursos e cada curso ten unha muller pioneira actual para estudar.

Tamén aproveitamos para  comezar coas MOCHILAS VIAXEIRAS, unha actividade moi agardada polo noso alumnado. En hora boa aos primeiros alumnos e alumnas que levan a mochila ao longo desta semana


 Por último   todos os curso fixemos unha carreira solidaria a favor de ASPAMITE





miércoles, 22 de enero de 2020

Actividades da biblioteca en xaneiro

Os nosos colaboradores e colaboradoras xa están traballando no recanto de Miroleo recomenda:



Tamén o próximo día 30 de xaneiro celebraremos o día da Paz, con moitas actividades ó longo da tarde.



lunes, 13 de enero de 2020

NOVIDADES

Prezadas familias, en primeiro lugar FELIZ ANO!
Despois duns días de descanso, voltamos con moitas novidades na biblioteca.
Estas son algunhas das novidades que poden atopar os nosos nenos/as de infantil, relacionado coa inclusividade, a igualdade ou as emocións.




Para os nenos/as e de primaria chegaron novedades relacionadas coas mulleres pioneiras, a igualdade ou a inclusividade.