cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de junio de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Aquí vos deixamos as Recomendacións Lectoras  de verán que escollemos para o alumando.
Estas recomendacións están elaboradas coa colaboración dos seguintes centros Plambe:
-CEIP PLURILINGÜE DE OCA
- CEIP CABADA VÁZQUEZ
-CEIP DO FOXO
-CEIP PÉREZ VIONDI
-CEIP DE FIGUEROA


DESCARGAR RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2019

DESEXÁMOSVOS BOAS LECTURAS!!

lunes, 28 de enero de 2019

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA

O pasado xoves tivemos na biblioteca do centro a Lola unha magnífica contadora de historias, cunha sesión de animación á lectura coa colaboración da librería Aenea de Santiago de Compostela.
O alumnado  puido comprobar  diferentes maneiras de ler contos e as diferentes tipoloxías de contos que o alumnado pode atopar nunha librería.










miércoles, 23 de enero de 2019

TALLER DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Mañán xoves 24 de xaneiro teremos na biblioteca das palabras máxicas unha sesión de animación á lectura a cargo da librería Aenea de Santiago de Compostela

lunes, 20 de febrero de 2017

SAÍDA Á CASA DAS LETRAS E A RADIO ESTRADA

O martes 29 de novembro saímos toda a escola para coñecer como se fai un programa de radio en directo. Ademais visitamos a Casa das Letras, que é a biblioteca municipal da Estrada. Ensináronnos o seu funcionamento e o uso de cada unha das dependencias.









martes, 19 de abril de 2016

LECTURAS COMPARTIDAS E MERCADO DE LIBROS

Que ben senta que nos conten un conto, verdade??? Na nosa biblioteca somos bos coñecedores disto, por iso este ano, para celebrar a SEMANA DO LIBRO, imos participar nunhas sesións de LECTURAS COMPARTIDAS ....
Ademáis, tamén teremos un MERCADO DE LIBROS (xoves e venres)!!!
ÚNETE Á FESTA DOS LIBROS!!!






MIRADE QUE MURAL MÁIS FERMOSO FIXERON OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS COA SÚA PROFE KIKA!!! A QUE LLES QUEDOU MOI BEN?? QUE FORMA MÁIS BONITA DE LEMBRARNOS DESTES DÍAS !!!








E saímos no xornal:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2016/04/22/dia-libro-colegio-oca/0003_201604D22C11996.htm


http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2016/04/22/aventuras-fuera-libro/1446574.html



jueves, 9 de abril de 2015

NOVIDADES DE ABRIL

Chega ABRIL .. o mes dos libros e á nosa biblioteca tamén chegan novas lecturas.
Queres compartilas con nós?








ESTAS E OUTRAS HISTORIAS ESTÁN AGARDANDO POR TI!!

lunes, 9 de febrero de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa temos viaxando polas vosas casas as mochilas viaxieiras. Como outro ano máis, Miroleo escolleu con moito agarimo os libros que ides levar.
Fixemos un sorteo entre todos/as para saber quenes ian ser os primeiros en levalas.
Como novidade deste ano, Miroleo quere saber onde e con quen ledes os libros, por iso levades na mochila un sobre para que , de maneira voluntaria, saquedes fotos lendo. Con todas elas faremos un mural!!!







jueves, 27 de noviembre de 2014

CAIXA DA LUZ

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DA PROFE MARIELA XA TEÑEN NA SÚA AULA A CAIXA DE LUZ!!!!!!

É moi divertida porque pechan as persianas  e acenden unha caixa que lles permite desenvolver a súa creatividade, traballar a lóxica-matemática e a lectoescritura.

Teñen unha grande variedade de materiais como plumas, pedras de cores, números e letras de xel, cordóns, vasiños, globos, papeis transparentes, palliñas  e moitos máis.

Con ela fan seriacións, clasificacións, correspondencias,  traballan os números, as letras, compoñen palabras, e fan as súas propias creacións artísticas.







lunes, 25 de febrero de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS 2013

XA ESTÁN OS LIBROS PREPARADOS PARA IR ÁS VOSAS CASAS ...



 



OS PRIMEIROS AFORTUNADOS/AS SAÍRON DUN SORTEO QUE FIXEMOS NA ENTRADA DA BIBLIOTECA.


OS AFORTUNADOS FORON:

- MARÍA (INFANTIL)
-ADRIÁN (INFANTIL)
- MARTA (1º CICLO)
-JULIÁN (2º CICLO)
- MARTÍN (3º CICLO)

NORABOA E BOAS LECTURAS EN FAMILIA!!!!!



E A PARTIR DE AGORA PODEREDES CONSULTAR O NOSO SUBMARINO PARA SABER QUEN ESTÁ MERGULLADO NA LECTURA





jueves, 9 de febrero de 2012

NUBES DE BIBLIOTECA

Mirade que Nube de Tags creou OCEANA en relación ao tema de lectura.


E PARA VOS ... QUE É LER? É IMAXINAR? É XOGAR? É DIVERSIÓN? É FANTASÍA?


CARLA REALIZOU UNHA NUBE DE TAGS SOBRE A PAZ ....