cartas de amor

O NOSO ESPAZO

martes, 26 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Hoxe celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.


O lema deste curso das bibliotecas escolares de Galicia, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e na oralidade. A nosa biblioteca atópase  en reformas polo que tomamos ao pé da letra a forza da palabra.

Hoxe festexaremos o Día das Bibliotecas desfrutando das novidades lectoras e das actividades para o fomento da lectura coa colaboracion da Libería Aenea de Santiago de Compostela.






 

Aproveitamos para poñer unhas fotos sobre a nosa biblioteca que se está preparando para que sexa unha biblioteca dinámica, inclusiva e converterse no lugar de recursos para nenos-as, profesorado e familias.



viernes, 22 de octubre de 2021

PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN. MIROLEO RECOMENDA...

 No colexio xa comezamos coa decoración terrorífica do Samaín!!💀🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃







Ademais deixamos unhas recomendacións de lecturas para estes días 






SAÍDA MICOLÓXICA

 Hoxe o alumnado de primaria realizou unha saída pola contorna do colexio para recoller cogumelos. Ademais co cambio de estación, no patio do colexio tamén saíron moitas variedades, polo que observaron, manipularon e aprenderon a diferenciar cada un deles. Todo isto foi posible grazas á Asociación micolóxica "COTO MANGUELO" de Orazo.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2021/10/23/educacion-alumnos-oca-inician-micologia-coto-manguelo/0003_202110D23C69910.htm 

 












 Para saber máis: 

 👌Mycokey Galiciav é unha app  coa que poderás identificar máis de 400 especies de fungos macromicetos do Noroeste Peninsular https://play.google.com/store/apps/details?id=com.micokeyapp&hl=es&gl=US

👉 https://mycogalicia.es/education/tallermycokeygalicia/




viernes, 15 de octubre de 2021

PLAN DIRECTOR: ACOSO ESCOLAR E NOVAS TECNOLOXÍAS

 Este curso solicitamos o  o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que ofrece  aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

Hoxe comenzamos coa charla informativa sobre ACOSO ESCOLAR para o alumnado de 6º de primaria coa axuda do Sarxento Luis.



A segunda charla informativa foi o luns 25 de outubro sobre  NOVAS TECNOLOXÍAS




viernes, 8 de octubre de 2021

BENVIDA DO CURSO 2021-2022

 O curso arrancou e de qué maneira....VISITAMOS O PAZO DE OCA!

Sempre que se poida, debemos aproveitar os recursos que nos ofrece a contorna, e para algúns era a primeira vez que visitaban os fermosos xardíns do Pazo. Tivemos un día solleiro de outono e mirade cantos recunchos vimos 👇


 










 
 
 

https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2021/10/09/turismo-proximidad-escolares-oca-58183662.html

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2021/10/09/ceip-oca-visita-pazo/0003_202110D9C5993.htm