viernes, 26 de febrero de 2021
RECORDANDO A ROSALÍA DE CASTRO.
domingo, 14 de febrero de 2021
Entroido
O pasado venres festaxamos un entroido atípico, pero aínda así non faltaron as ganas de pasalo ben.
Tivemos unha xornada solleira, onde o alumnado e mestres desfrutaron dun obradoiro de xogos tradicionais e logo unha pequena festa de entroido.
jueves, 11 de febrero de 2021
En febreiro Miroleo recomenda...
No recanto das recomendacións mensuais, xa podemos atopar as lecturas para este mes, relacionadas co AMOR E A AMIZADE.
viernes, 5 de febrero de 2021
PRESENTACIÓN PROXECTO MULLERES PIONEIRAS
Co novo ano, chegamos ao o remate do proxecto MULLERES PIONEIRAS GALEGAS ACTUAIS.
Foi un proxecto bianual, moi amplo, que xermolou na biblioteca co título MULLERES QUE CONTAN e que por mor da situación sanitaria non puidemos expoñelo de cara as familias.
Pero para que non vos perderades todas as nosas investigacións, elaboramos estas presentacións para que vexades cánto traballamos e sobre todo cánto aprendemos.
Pero sobre todo GRAZAS a:
- Rosalía Morlán
- Verónica Boquete
- Elena Ferro
- Mila Valiño
- Isabel Neira
por inspirarnos e axudarnos a investigar sobre elas.
jueves, 4 de febrero de 2021
ENTROIDO, ORDES DO MECO
Estimadas familias e nenos , o entroido está a piques de comezar, este ano o MECO DE OCA, púxonos unhas ordes que debemos obeceder!
Estas ordes non son acumulativas, asique comenzade a preparar o que o meco nos pide para festexar o entroido!
domingo, 31 de enero de 2021
DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
jueves, 28 de enero de 2021
NOVIDADES
Co novo ano, xa comezamos a renovar o fondo bibliográfico da nosa biblioteca. Aquí tedes novos títulos en galego, castelán e inglés para mergullarvos en novas lecturas.
miércoles, 20 de enero de 2021
EN XANEIRO MIROLEO RECOMENDA...
O recanto das recomendacións dos colaboradores xa mudou coa chegada dun novo mes!
Este mes miroleo recomenda CONTOS SOBRE A PAZ, A DIVERSIDADE E A NON VIOLENCIA.