cartas de amor

O NOSO ESPAZO

jueves, 14 de abril de 2011

SAÍMOS NA TELEVISIÓN!!!

Hoxe viñeron as cámaras da televisión porque imos saír nun programa ... contando chistes, dando definicións de palabras ... ai que nervios!!! algúns viñeron todos guapos/as para a ocasión ... QUE BEN O PASAMOS .
Estade atentos á páxina da biblioteca que vos diremos cando sairedes na tele!!!




miércoles, 13 de abril de 2011

EXPERENCIA EN 1º CICLO SOBRE O REXISTRO DE LIBROS E COMENTARIOS

Os nenos e nenas de 1º ciclo, atoparon nos ordenadores e Internet unha boa forma de facer os seus comentarios.
Despois de ler un libro, rexistran o título, a foto da portada e un pequeno comentario sobre o mesmo. Pero bueno, todas estas cousas pódeas explicar moito mellor ROI BREY que é todo un experto en comentar libros e un grande lector.

MÉRCORES 13: SESIÓN DE CONTACONTOS PARA 2º E 3º CICLO

A PROFE Mª CARMEN CONTA UN FERMOSO CONTO TITULADO "SOMOS AUGA" QUE PERTENCE Á UN LIBRO CHAMADO "AS CORES ESQUECIDAS (LOS COLORES OLVIDADOS)".
UNHA HISTORIA QUE CONVÉN NON ESQUECER...



DÍA 12: SESIÓN DE CONTACONTOS PARA INFANTIL E PRIMEIRO CICLO


A PROFE PILI CONTA "PERDIDO E ATOPADO", UN FERMOSO CONTO SOBRE UN NENO QUE ATOPA NA PORTA DA SÚA CASA UN PINGUÍN. DE ONDE TERÁ SAÍDO?

martes, 12 de abril de 2011

AS TIC E O DÍA DO LIBRO: INVESTIGA E CREA

1ª FASE: INVESTIGA

Os nenos e nenas de 3º ciclo atópanse esta semana investigando sobre o día do libro, por que se celebra e outras moitas preguntas en torno a este día.
Podedes ver a webquest que estamos utilizando neste enlace:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~29602220/Mi_Caza/Dia_del_Libro3.htm


En breve pasaremos á 2ª FASE ...

EXPOSICIÓN RECEITA: O MELLOR LIBRO

XA ESTÁN APARECENDO AS PRIMEIRAS RECEITAS PARA COCIÑAR O MELLOR LIBRO.
LEMBRADE QUE O VENRES FAREMOS A EXPOSICIÓN COMPLETA.


LUNS 11: SESIÓN DE TÍTERES

Os nenos e nenas de 6º E.P representaron unha obra con títeres que ELES MESMOS INVENTARON.




miércoles, 6 de abril de 2011

"COCIÑANDO" O MELLOR LIBRO

Algunha vez paraches para pensar como sería o mellor libro do mundo? Aquel que tivera todos os ingredientes que ti necesitas para que sexa o mellor libro, o máis SABOROSO ... o máis apetecible .. o máis DOCE ... ?? pois agora tes a oportunidade de crealo facendo unha receita e mesturando os ingredientes que ti necesites, Non te esquezas de contarnos o modo de preparación do teu libro pois pode que a alguén mais lle apeteza probar del.

BOAS E RICAS LECTURAS!!!

E PARA A SEMANA ... OS LIBROS ESTÁN DE ANIVERSARIO

Mirade todasc as actividades que nas que ides participar durante a semana que ven. Non vos podo anticipar nada máis, pero como vedes, temos moito para facer

CARTEL DE PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES
Semana Do Libro

NORABOA AOS PREMIADOS


Nesta ocasión felicitamos a Iris Gómez, gañadora na súa categoría dos premios de creación de carteis da Asociación Coto Manguelo!

E é que neste cole somos un pouco artistas, porque xa hai pouco nos enteramos que Alba e Xavier  de 5º gañaron no concurso da camelia.
Xa sabedes rapaces, a seguir creando!!!



martes, 5 de abril de 2011

BENVIDA PRIMAVERA!!!

A primavera xa chegou e con ela un montón de flores e cores. A que nos gusta ver a Natureza así? Pois para iso é preciso que todos poñamos un pouco da nosa parte e a coidemos,
Aquí podedes escoitar a canción que están aprendendo os nenos e nenas de 3º ciclo.

lunes, 4 de abril de 2011

CONFERENCIA EN RELACIÓN AO PAZO

O venres 1 de abril, tivemos unha conferencia no cole para o alumando, profesorado e familias. Nesta ocasión, Leonor, Otilia, Teresa e Antonio, contáronnos cómo viviron eles no pazo e os traballos que fixeron para o pazo. Foi unha marabilla escoitalos e descubrir tantas anécdotas e historias que eles lembraban. Moitas grazas pola vosa colaboración!







domingo, 3 de abril de 2011

viernes, 1 de abril de 2011

AS RECOMENDACIÓNS DOS COLABORADORES

Seguimos coas recomendacións, nesta ocasión están feitas por FRAN e AGUSTÍN
  • La isla de las montañas. Manuel L. Alonso.
  • A cidade dos desexos. Agustín Fernández Paz.
  • O estanque dos parrulos pobres. Fina Casalderrey