cartas de amor

O NOSO ESPAZO

lunes, 25 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A

Hoxe é 25 de Novembro, unha data para recordar pero tamén unha data para rexeitar todo tipo de violencia.
O alumnado do centro elaborou este cartaz
Pola tarde, teremos unha representación a cargo de A XANELA DO MAXÍN poñendo en escena o conto Ú-LA LÚA?Unha proposta escénica dixirida a todo o alumnado, onde os valores como a tenrura, o respeto ou a solidaridade cobran importancia para levarnos a un mundo onde A VIOLENCIA NON TEN CABIDA e a ilusión fai dos soños unha realidade.






jueves, 21 de noviembre de 2019

SABOREA A ESTRADA

Onte tivemos a primeira sesión no noso centro do programa Saborea a Estrada. Este programa fomenta o consumo de produtos locais.
Visitaron o noso centro o biólogo Xosé Mnauel Durán Orús e o cociñeiro Adrián Fazáns, ambos expertos nas virtudes  dos productos da zona, explicáronlle aos alumnos/as as diferenzas de cociñar produtos locais e o valor nutritivo dos mesmos  con respeto aos demais produtos.



O mércores 27 o alumnado acudeu ao Novo Mercado onde cociñaron unha receita elaborada por eles mesmos. O nosos alumnos/as elaboraron unhas croquetas de castañas.




viernes, 8 de noviembre de 2019

MAGOSTO E SAMAÍN NO CEIP DE OCA

O pasado 30 de outubro celebramos o Samaín e o magosto no colexio. Ao longo da semana fomos decorando o colexio.









 tivemos unha exposición de  cabazas e manualidades con froitos de outono. Dende aquí damos as gracias ás familias polas manualidades tan fermosas que nos trouxeron ao colexio.
  

 




e xa o mércoress pola tarde celebramos o magosto con castañas e chocolate, cun obradoiro de pintacaras e con zumba.

Tamén fixemo un intercambio de postais de Samaín co Ceip Pérez Viondi e o Ies nº1



ADEUS A MARGARITA SALAS

No día de onte coñeciamos o pasamento  de Margarita Salas, unha muller pioneira no campo da bioloxía molecular.


deixámosvos a noticia https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/salud/2019/11/07/5dc3fb1bfdddff1f058b456e.html


jueves, 7 de noviembre de 2019

SAÍDA Á XIMONDE

O pasado venres día 25 fixemos unha saída ao Coto de Ximonde no río Ulla. Percorremos un tramo das sendas do río Ulla onde nos explicaron a fauna e a flora e analizamos parámetros da auga do río. Tamén asistimos unha charla cun garda no coto fluvial.





PARTICIPAMOS NUN PLENO

No día de onte asistimos a un pleno no Concello da Estrada, presidido polo noso alcalde Don José López. O alumnado participou nunha sesión onde tiveron a oportunidade de ser concelleiros por un día, e expresaron as súas preguntas e dúbidas. Pero tamén lle fixeron chegar ao alcalde a necesidade de melloras para o noso centro.
Logo achegámonos ata a Casa das Letras, onde o alumnado puido comprobar todos os libros que teñen dispoñibles para o seu préstamo.






MES DE NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Como xa sabedes o mes de novembro está adicado á ciencia, os colaboradores/as  estiveron traballando para deixarnos estas recomendacións tan interesantes.