Esta semana recibimos a visita da Academia de Música Musikenos de A Estrada. Dunha forma moi lúdica explicáronnos a evolución da música así como os diferentes estilos musicais existentes ó longo da historia. Todo isto acompañado dun gran concerto. Encantounos!
jueves, 27 de abril de 2023
miércoles, 26 de abril de 2023
OBRADOIRO DE CÓMICS: ALFONSO BARREIRO
Este martes e seguindo coas actividades do día do Libro recibimos a visita de Alfonso Barreiro. O debuxante e creador de cómics, presentounos as súas publicacións, ademais de amosarnos todas as estratexias necesarias para crear un texto deste tipo. Unha vez explicado todo o necesario, puidemos poñer en práctica todo o aprendido ca supervisión dun auténtico experto no tema.
Para finalizar esta actividade, o ilustrador asinounos todas as súas obras.
Xa se atopan na biblioteca desexando ser lidas!
VISITA Ó MUSEO DE HISTORIA NATURAL
Dentro do proxectos de insectos e bolboretas que se está a levar en Educación Infantil, hoxe os cativos e cativas de Infantil visitaron o Museo de Historia Natural.
Primeiro realizaron un obradoiro onde poideron tocar un moucho, un esquío, un teixugo e unha londra.
E despois xa subimos a ver os animais!!
lunes, 24 de abril de 2023
DÍA DO LIBRO, LECTURAS COMPARTIDAS
Seguimos coas actividades do DÍA DO LIBRO.
Hoxe foi o turno das lecturas compartidas, onde os mais maiores escolleron un fermoso conto para os máis pequenos.
NOVIDADES BIBLIOGRÁFICAS BIBLIOTECA ESCOLAR, DÍA DO LIBRO
Con motivo do DÍA DO LIBRO, xa están nos andeis as novidades bibliográficas para o noso alumnado, temos variedade para todos os gustos e idades.
Esperamos que poidades desfrutar destas lecturas!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)