cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta escritura creativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escritura creativa. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de mayo de 2014

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2014 (I)





COMO XA ANUNCIAMOS NO MES DE FEBREIRO NO BLOGUE, O NOSO ALUMNADO, PARTICIPOU  NUN CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

COMO LEMBRAREDES, ESCOLLEUSE A PALABRA SOÑOS, MOI PRESENTE NA OBRA DE XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO. A PARTIR DESTA PALABRA, CADA PARTICIPANTE TIÑA QUE ESCRIBIR UN MICROPOEMA E/OU UN MICRORRELATO.




AS BASES DO CONCURSO ESTABAN AQUÍ:

http://biliotecadaspalabrasmaxicas.blogspot.com.es/2014/02/i-concurso-de-microrrelatos-e.html

O COLECTIVO "TRABALLANDO XUNTOS" FORMADO POLOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DOS 11 CENTROS DA ESTRADA FALLOU OS PREMIOS DA 1º FESTA DAS PALABRAS DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS.

E AQUÍ PODEDES VER OS GAÑADORES/AS DO NOSO CENTRO POR CATEGORÍAS:

A1: (1º CICLO)  


  • XAVIER GIL VACAS  - OS SOÑOS DE UXÍA (microrrelato)


A2: (2º CICLO) 


  • JULIÁN AGUIAR RODRÍGUEZ  - SOÑOS DE CORES (micropoema)
  • LUCÍA RODRÍGUEZ VÁZQUEZ  - UN SOÑO PERDIDO (microrrelato)


A3: (3º CICLO)


  • AÍXA PIÑEIRO CORRAL  - O MEU SOÑO (micropoema)
  • IRIS GÓMEZ MELLA - A NENA E O BALOMPÉ (microrrelato)
NORABOA A TODOS/AS E NORABOA
 EN BREVE PUBLICAREMOS AS VOSAS COMPOSICIÓNS!!!!


AQUÍ PODEDES VER AS FOTOS DO ACTO QUE FIXEMOS HOXE ONDE SE LERON TODOS OS MICROPOEMAS E MICRORRELATOS!

GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!!!













martes, 4 de febrero de 2014

" I Concurso de microrrelatos e micropoemas Centros da Estrada"

O Equipo de Dinamización da lingua do CEIP de Oca, convoca o "I Concurso de microrrelatos e micropoemas Centros da Estrada". Organizado polos centros educativos do concello.

BASES:

- Sección de MICRORRELATOS: O texto presentado debe ser en galego e non conter máis de 100 palabras. 

- Sección de MICROPOEMAS: O texto presentado debe ser en galego e constar dun mínimo de dous versos e máximo de oito en Primaria.

- Poderase participar nunha Sección ou nas dúas, pero cada participante só poderá enviar un texto por sección.
- A temática será libre, pero debe aparecer necesariamente a palabra ... soño

- Os traballos poderán entregarse en formato A4 con nome, apelidos e curso nos respectivos centros educativos.

- O prazo límite para enviar os textos será o 9 de abril.

CATEGORÍAS: 

A: Educación Primaria
  • A1: 1º CICLO
  • A2: 2º CICLO
  • A3: 3º CICLO
B: Educación Secundaria

C: Bacharelato

PREMIOS:

Un xurado formado por un membro dos ENDL dos diferentes centros, concedrá un premio por categoría e centro. Valorarase a creatividade, a orixinalidade e a calidade lingüística e literaria.

Os traballos preimados aparecerán nas páxinas webs e blogues dos centros e nas revistas escolares.


jueves, 26 de abril de 2012

LECTURA DAS COMPOSICIÓNS CREATIVAS GAÑADORAS

Como xa sabedes, estivemos a voltas estas semanas coas nosas COMPOSICIÓNS CREATIVAS, coas 10 palabras que vos tocaron no voso sobre, tivestes que pensar un conto, un poema ou un debuxo. A verdade é que foi moi dificil escoller os/as gañadores/as. Hoxe, xoves pola tarde, xuntámonos na entrada do colexio para ver a exposición dos gañadores/as e tamén para que nos leran as súas historias.







lunes, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

POLA MAÑÁ FOMOS Á BIBLIOTECA: PRIMEIRO ESCOITAMOS A LENDA DE SAN JORDI QUE OCEANA E NEREA FIXERON CON MARIONETAS E DESPOIS VIMOS UN VIDEO  TITULADO "A MAXIA DE OCA" CON FOTOS DO NOSO COLE.




                                                              "A MAXIA EN OCA"










Despois entregáronse os PREMIOS de COMPOSICIÓN CREATIVA

Os/as gañadores/as foron:
INFANTIL 3 ANOS: MIKEL
INFANTIL 4 ANOS: HUGO
INFANTIL 5 ANOS: JUAN
1º CURSO: ANGÉLICA
2º CURSO: ANTÍA
3º CURSO: AÍXA
4º CURSO: CARLA
5º CURSO: ANDREA
6º CURSO. ALBA











POLA TARDE FIXEMOS A ACTIVIDADE "CÓNTAME UN CONTO" ONDE CADA NENO/A TÍÑALLE QUE CONTAR UN CONTO AO NENO/A QUE LLE TOCARA DE PARELLA, AQUÍ PODEDES VER AS FOTOS!!!



"Cóntame un conto" on PhotoPeach

lunes, 16 de abril de 2012

FESTEXANDO O DÍA DO LIBRO

Como xa sabedes, queridos lectores,  o día 23 de abril os libros están de ANIVERSARIO  
para celebralo imos facer moitas actividades.


* REDACCIÓN CREATIVA:


Cada un de vos virá buscar á BIBLIOTECA un sobre coas súas 10 palabras. Con elas terá que crear o conto 
ou poema máis orixinal que se lle ocurra.








*CÓNTAME UN CONTO:


Na entrada da Biblioteca tendes as parellas que vos tocaron para contar un conto. Lembrade que os 
"contadores" teñen que vir á biblioteca para seleccionar a súa lectura e preparala con tempo para así ser 
uns bos lectores de historias.





Na porta da entrada da BIBLIOTECA tendes a lista, consultade quen é a vosa parella!!