Esta semana recibimos a visita de David Arcay, cinco veces campión mundial de pesca con mosca.
A través dunha charla interesantísima, este deportista, recordounos a importancia de coidar do medioambiente, facendo fincapé nos ríos e mares. Ademais, achegounos a un tema descoñecido para moitos e moitas, a pesca sostible. David explicounos como disfrutar dos ríos causando o menor dano aos cauces e aos peixes, sempre dende a captura e solta. Ademais, tivemos a oportunidade de recoñecer especies autóctonas e invasoras que habitan nos nosos ríos.
Por último, puidemos disfrutar dunha exhibición de lances con caña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario