cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta mochila viaxeira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mochila viaxeira. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de marzo de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Hoxe comezan a viaxar dende a biblioteca escolar ata as vosas casas as primeiras MOCHILAS VIAXEIRAS con contidos para compartir momentos en familia.

Cada neno/a levará a mochila viaxieira de Miroleo dúas semanas, e van cargadiñas de narrativa en galego, castelán, en inglés, música, xogos, artigos para as familias...ESPEREMOS QUE AS DISFRUTEDES MOITO!!!

 






 



viernes, 31 de enero de 2020

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Na xornada de onte conmemoramos o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.
Foron varias as actividades que levamos ao longo de todo o día.
Primeiro tivemos dúas actuacións:
-o alunmado de infantil 1º e 2º cantaron a canción "Apertas que voan".
-o alunmado de 4º, 5º e 6º cantaron o "Rock da paz".
Despois o alumnado de 5º e 6º fixeron unha representación teatral adaptado ao galego do conto "O PEIXE ARCOIRIS" Ao longo de toda a semana estiveron decorando o corredor, mirade que bonito quedou!


Tamén aproveitamos para a presentación DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: MULLERES PIONEIRAS ACTUAIS.
Despois da primeira fase de búsqueda de información, repartimos o traballo por cursos e cada curso ten unha muller pioneira actual para estudar.

Tamén aproveitamos para  comezar coas MOCHILAS VIAXEIRAS, unha actividade moi agardada polo noso alumnado. En hora boa aos primeiros alumnos e alumnas que levan a mochila ao longo desta semana


 Por último   todos os curso fixemos unha carreira solidaria a favor de ASPAMITE





lunes, 25 de febrero de 2019

MALETAS VIAXEIRAS: BIBLIOTECA INCLUSIVA

Hoxe chegou á biblioteca das palabras máxicas a maleta viaxeira da Asesoría de Bibliotecas Escolares que leva por título :POR UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA.
Esta maleta ven cargadiña dunha chea de contos que o noso alumnado sen dúbida desfrutará na hora de ler ou nos seus momentos de lecer.




lunes, 4 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ

O pasado xoves conmemoramos no noso centro o día da paz. Ao longo de toda a semana o Equipo de Normalización fixo unha adaptación do conto o homiño de papel e transformouno no conto A MULLERIÑA DE PAPEL en homenaxe ó noso proxecto Mulleres que contaron.
Pola tarde todos xuntos fixemos unha pomba da paz e cantamos a canción" CANTAROLA DOS NENOS" cunha letra extraída do libro Cantarolas de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas



 E por último como levamos facendo varios anos, repartimos as mochilas viaxeiras que os titores prepararon con moito agarimo para o alumnado. E estes foron os alumnos e alumnas e inauguraron as mochilas viaxeiras deste curso.


miércoles, 31 de enero de 2018

MOCHILA VIAXEIRA

Para rematar a xornada do día da Paz, sorteamos as primeiras mochilas viaxeiras deste novo curso!!
Unhas mochilas cargadas de material que MIROLEO preparou con moito agarimo para o noso alumnado. Tamén levan un caderno viaxeiro para que o noso alumnado e as súas familias anoten as súas impresións sobre a mochila!!
Esperamos que as disfrutedes!!









lunes, 1 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ

VIMOS DE CELEBRAR O DÍA DA PAZ E DE PASAR UNHA XORNADA MOI DIVERTIDA. COMEZAMOS CANTANDO A CANCIÓN "O MUNDO É GRANDE" QUE FALA DOS NENOS E NENAS DE TODO O MUNDO E DE QUE DA IGUAL DE ONDE VEÑAMOS POIS TODOS NÓS SOMOS IGUAIS ... DESPOIS FIXEMOS O SORTEO DAS MOCHILAS VIAXEIRAS ... QUE NERVIOS!!! TODOS /AS QUEREN SER O PRIMEIROS EN LEVALAS!! E PARA FINALIZAR REALIZAMOS UNHA CARREIRA SOLIDARIA COS NENOS E NENAS DO SAHEL E ANUNCIAMOS A CANTIDADE DE CARTOS RECADADA!!!!

NORABOA RAPACES E RAPAZAS ... E QUE O ESPÍRITU DESTE DÍA VOS ACOMPAÑE O RESTO DO ANO!!!












lunes, 9 de febrero de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa temos viaxando polas vosas casas as mochilas viaxieiras. Como outro ano máis, Miroleo escolleu con moito agarimo os libros que ides levar.
Fixemos un sorteo entre todos/as para saber quenes ian ser os primeiros en levalas.
Como novidade deste ano, Miroleo quere saber onde e con quen ledes os libros, por iso levades na mochila un sobre para que , de maneira voluntaria, saquedes fotos lendo. Con todas elas faremos un mural!!!







lunes, 25 de febrero de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS 2013

XA ESTÁN OS LIBROS PREPARADOS PARA IR ÁS VOSAS CASAS ...



 



OS PRIMEIROS AFORTUNADOS/AS SAÍRON DUN SORTEO QUE FIXEMOS NA ENTRADA DA BIBLIOTECA.


OS AFORTUNADOS FORON:

- MARÍA (INFANTIL)
-ADRIÁN (INFANTIL)
- MARTA (1º CICLO)
-JULIÁN (2º CICLO)
- MARTÍN (3º CICLO)

NORABOA E BOAS LECTURAS EN FAMILIA!!!!!



E A PARTIR DE AGORA PODEREDES CONSULTAR O NOSO SUBMARINO PARA SABER QUEN ESTÁ MERGULLADO NA LECTURA





miércoles, 1 de febrero de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS





"Agora a MAXIA, viaxa á túa CASA". Con este lema sacamos un ano máis as MOCHILAS VIAXEIRAS para que cheguen aos vosos fogares cargadas de libros e de CDS para COMPARTIR en FAMILIA.



Fixemos, como ven sendo costume, un sorteo por cada mochila para saber quen empezaba.
Estes foron os gañadores:


3 ANOS: MIKEL
4 ANOS: NEREA
5 ANOS: YURI
1º CURSO: BREOGÁN
2º CURSO: XANDRE
3º/4º CURSO: MARTÍN
5º/6º CURSO: ALEX

viernes, 18 de febrero de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS (SORTEO)

Estas foron as primeiras afortunadas en levar as mochilas viaxeiras para as súas casas

3 ANOS: CARLOTA
4/5 ANOS: MARTA
1º CICLO: ANTÍA
2º CICLO: BELÉN
3º CICLO: MARINA