cartas de amor

O NOSO ESPAZO

jueves, 27 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA. XOGOS TRADICIONAIS

O pasado venres conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
Primeiro os colaboradores da biblioteca prepararon este recanto no corredor do centro, con bibliografía de Rosalía de Castro,  ilustraron o poema "Adiós ríos, adiós fontes"
 Logo na biblioteca do centro o alumnado de 5º e 6º realizaron unha presentación para todo o alumnado sobre a vida e obra da autora. Xa por últimos cantáronnos un poema escrito por Rosalía e musicalizado por Amancia Prada : Campanas de Bastabales


 Foi unha xornada solleira, onde tamén puidemos xogar cos xogos tradicionais cedidos pola Asociación Acuxuve de Vedra.




jueves, 20 de febrero de 2020

ENTROIDO EN OCA

Onte celebraremos o entroido no colexio. Comezamos cunha actuación de títeres titulada O TRAXE DO REI.

Logo o alumnado de primaria fixo unha representación dos atranques.
MOITÍSIMAS GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POR COMPARTIR  ESTA XORNADA TAN FERMOSA CON NÓS.


FAMILIAS QUE CONTAN: A CANGURO E A SÚA BOLSA

Onte mércores visitou a nosa biblioteca a FAMILIA ESPERANTE GULÍAS, para contarnos o conto A CANGURO E A SÚA BOLSA empregando a técnica do kamishibai.
Moitisímas grazas familia!!




martes, 18 de febrero de 2020

FAMILIAS QUE CONTAN:MI AMIGO ALBERTO

Onte visitounos a FAMILIA RODRÍGUEZ PENA de 1º de primaria. Escolleron este fermoso conto: MI AMIGO ALBERTO.

Moitísimas grazas familia!!



FAMILIAS QUE CONTAN: CHOCOLATA

O pasado venres visitounos a FAMILIA COUTO GÁNDARA DE 5º de Educación Infantil, para contarnos o simpático conto de CHOCOLATA, logo tamén escoitamos a canción de Chocolata https://www.youtube.com/watch?v=RogBI1rJQKg
Moitísimas grazas familia!



jueves, 13 de febrero de 2020

FAMILIAS QUE CONTAN: A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

Esta semana visitou a nosa biblioteca a FAMILIA FERREIRO MOURE de 4º de Ed. Infantil, para contarnos o simpático conto da TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA.
Moitísimas gracias familia!!!







lunes, 10 de febrero de 2020

FAMILIAS QUE CONTAN: A QUÉ SABE A LÚA?

Comenzamos unha nova actividade na nosa biblioteca FAMILIAS QUE CONTAN, enmarcada no proxecto da biblioteca deste curso MULLERES QUE CONTAN.
Esta semana veu a familia Gigirey Reimóndez de 4º de Educación Infantil a contarnos  e ilustrarnos un fermoso conto: A qué sabe a lúa?
Moitísimas grazas familia!!