cartas de amor

viernes, 27 de junio de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán que realizamos conxuntamente entre os centros da contorna:

- CEIP PLURILINGÜE DE OCA

- CEIP DO FOXO

- CEIP CABADA VÁZQUEZ

- CEIP PÉREZ VIONDI

- CEIP DE FIGUEIROA

 

FELIZ VERÁN E MOOOI BOAS LECTURAS


 

martes, 24 de junio de 2025

FIN DE CURSO

Temos que poñer punto e final a un curso marabilloso, cheo de aprendizaxes e vivenzas. Pero antes,  queremos despedir ao alumnado de sexto de Ed. Primaria, quen comeza unha nova etapa. Desexámoslle moita sorte e agardamos a súa visita o vindeiro curso!!!

A continuación, deixámosvos unhas fotos da súa graduación.











Ademais, tamén fixemos a graduación de 6º de Educación Infantil. Estes pequenos/as seguen no colexio, pero tamén se dispoñen a un gran cambio de etapa. Por iso, tamén fixemos un pequeno acto para festexar este cambio.








Desfrutade moito do verán!!!! Vémonos no próximo curso!!!!

RADIOCA DESPÍDESE

Chega o momento en que toca despedirse, por este curso, RadiOca, pecha o seu estudo de gravación, pero antes queremos deixarvos un podcats cunha serie de recomendacións, algunhas son para o verán. 


Animádevos a escoitalo!!!


lunes, 23 de junio de 2025

VISITAMOS A ILLA DE ONS

O pasado xoves, todo o centro, compartimos un día de excursión, visitamos a illa de Ons. Unha xornada moi divertida, na que realizamos unha pequena ruta guiada para coñecer este fermoso parque natural, desfrutamos da praia, comimos de pícnic e, para rematar, realimos un xogo de pistas que nos permitiu saber máis deste lugar. 















CHARLA EDUCACIÓN SEXUAL

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, recibiron a semana pasada unha charla de educación sexual, da man da sexóloga Sabela Maceiro Mato, de Desexos.

Unha charla moi didáctica e necesaria!



miércoles, 18 de junio de 2025

CONTOS DE SOFÁ: SI YO TUVIERA UNA PÚA

 Esta semana visitounos Aitor, antigo alumno do centro e primo de Noa para contarnos un fermoso conto titulado  SI YO TUVIERA UNA PÚA

Moitas grazas familia!!! 




 

lunes, 16 de junio de 2025

EXCURSIÓN A CANTABRIA

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria desfrutaron, fai unhas semanas, dunha magnífica e divertida excursión a Cantabria. Foron catro días moi intensos, nos que puideron coñecer a praia das Catedrais, a cidade de Santander, visitar Cabárceno, as covas do Soplao, realizar o descenso do Sella e coñecer o acuario de Xixón. Ademais, o bo tempo, permitiulles  aproveitar a piscina do noso aloxamento.

Dende logo, unha experiencia única e inolvidable para todos/as!