cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta actividade de dinamización da lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividade de dinamización da lectura. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de junio de 2026

OBRADOIRO DE TÍTERES

Hoxe tivemos un espectáculo de títeres , unha adaptación do conto O PANTASMA DAS BRAGAS ROTAS.

Foi un espectáculo escrito e interpretado polos alumnos/as de 4º de Educación Primaria destinado para o alumnado de Ed. Infantil.














miércoles, 27 de mayo de 2026

FESTA DAS PALABRAS

No Teatro Principal da Estrada celebrouse unha nova edición do concurso de microrrelatos e micropoemas que cada curso académico promoven desde Dinamizaestrada. Nesta Festa das Palabras houbo entrega de recoñecemos aos sesenta textos escollidos, que conforman un libro no que tamén hai ilustracións feitas polos nenos. Unha iniciativa en torno ás Letras Galegas no que exerceu de padriño literario Xosé Lueiro, e música con Gloria Pavía e Rafa Morales.

Nesta décimo terceira edición participaron arredor de 200 finalistas, dos que 60 resultaron premiados entre Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. O certame, centrado na creación de micropoemas e microrrelatos, pretende fomentar o uso do galego e reforzar o compromiso coa lingua entre a comunidade escolar, un dos piares fundamentais do proxecto.

 








 


No seguinte enlace ver todos os micropoemas e microrelatos do noso alumnado 



martes, 3 de febrero de 2026

NOVIDADES

 Nenos e nenas xa van chegando á nosa biblioteca as novidades para este curso.

Esperamos que disfrutedes tanto como disfrutamos o equipo de biblioteca escolléndoas e atendendo as todas as vosas peticións.

BOAS LECTURAS 😍😍😍😍!!! 










  



miércoles, 18 de junio de 2025

CONTOS DE SOFÁ: SI YO TUVIERA UNA PÚA

 Esta semana visitounos Aitor, antigo alumno do centro e primo de Noa para contarnos un fermoso conto titulado  SI YO TUVIERA UNA PÚA

Moitas grazas familia!!! 




 

miércoles, 4 de junio de 2025

CONTOS DE SOFÁ: NO OVO

Esta semana visitáronnos Vicky e David, papás de Ara para contarnos un fermoso conto titulado NO OVO

Moitas grazas familia!!! 




 

 

CONTOS DE SOFÁ: ATÉ AS PRINCESAS SOLTAN PEIDOS

 Esta semana visitounos Ana, mamá de Xulia  para contarnos un fermoso conto titulado ATÉ AS PRINCESAS SOLTAN PEIDOS

Moitas grazas familia!!! 






 

jueves, 29 de mayo de 2025

XII FESTA DAS PALABRAS

O teatro Principal da Estrada acolleu este mércores a XII Festa das Palabras, que lle puxo o ramo á duodécima edición do concurso de micropoemas e microrrelatos organizado por Dinamizaestrada que promove o uso da lingua galega a través da creación literaria do alumnado de tódolos centros educativos do municipio. Un total de 62 novos autores recolleron o mellor premio: un volume que reúne todas as composicións gañadoras.

 O acto foi conducido por Lara Rey Rosende e Iker Recio Matalobos, dous alumnos do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, quen foron os encargados de presentar a madriña desta edición, Susana Sánchez Aríns. Tamén presentaron ao grupo musical estradense O Regueiriño de Lamas, o cal actuou en tres ocasións con temas populares en homenaxe ás cantareiras, e por último, presentaron ao xurado encargado de premiar aos diferentes gañadores en tódalas categorías dos premios de micropoemas e microrrelatos.

Na categoría de micropoemas, os participantes tiñan que crear una pequena obra ca palabra «pobo» incluída, mentres que nos microrrelatos, a palabra escollida durante o curso polos propios estudantes foi «pandeireta».


 








 

CONTOS DE SOFÁ: O DRAGÓN CO TRASEIRO EN CHAMAS

 Onte  visitounos Jacobo, papá de André  para contarnos un fermoso conto titulado O DRAGÓN CO TRASEIRO EN CHAMAS.

Moitas grazas familia!!!