cartas de amor

jueves, 29 de mayo de 2025

DESPEDIDA RUTHIE

Hoxe, despedimos a Ruthie, a nosa auxiliar de conversa.Foi unha experiencia maravillosa poder contar con ela e con todo o que nos aprendeu.

Grazas Ruthie

Today we said goodbye to Ruthie, our conversation assistant. It was a wonderful experience to be able to count on her and everything she taught us.

Thank you Ruthie

 





 

XII FESTA DAS PALABRAS

O teatro Principal da Estrada acolleu este mércores a XII Festa das Palabras, que lle puxo o ramo á duodécima edición do concurso de micropoemas e microrrelatos organizado por Dinamizaestrada que promove o uso da lingua galega a través da creación literaria do alumnado de tódolos centros educativos do municipio. Un total de 62 novos autores recolleron o mellor premio: un volume que reúne todas as composicións gañadoras.

 O acto foi conducido por Lara Rey Rosende e Iker Recio Matalobos, dous alumnos do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, quen foron os encargados de presentar a madriña desta edición, Susana Sánchez Aríns. Tamén presentaron ao grupo musical estradense O Regueiriño de Lamas, o cal actuou en tres ocasións con temas populares en homenaxe ás cantareiras, e por último, presentaron ao xurado encargado de premiar aos diferentes gañadores en tódalas categorías dos premios de micropoemas e microrrelatos.

Na categoría de micropoemas, os participantes tiñan que crear una pequena obra ca palabra «pobo» incluída, mentres que nos microrrelatos, a palabra escollida durante o curso polos propios estudantes foi «pandeireta».


 








 

CONTOS DE SOFÁ: O DRAGÓN CO TRASEIRO EN CHAMAS

 Onte  visitounos Jacobo, papá de André  para contarnos un fermoso conto titulado O DRAGÓN CO TRASEIRO EN CHAMAS.

Moitas grazas familia!!!

 



 

jueves, 22 de mayo de 2025

CORRELINGUA

Onte os alumnos e alumnas de Ed. Primaria xunto cos centros da comarca,  foron á Estrada ao CORRELINGUA

 


 






  

 

Podedes ver a noticia completa 👉https://xornaldaestrada.com/2025/05/22/a-mocidade-estradense-quere-unha-lingua-viva/

martes, 20 de mayo de 2025

VISITA DO CLUBE A ESTRADA BASKET

 Este luns 20 de maio recibimos a visita dunha xogadora de Basket, adestradora do clube A Estrada Basket. 

Con ela puidemos gozar dunha mañá de iniciación ao baloncesto co alumnado de 1º a 6º de primaria.

Pasámolo moi ben e aprendemos moitas conceptos!

Grazas ao clube A Estrada Basket por esta visita!




 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Esta semana todas as actividades estiveron relacionadas co DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 

 

Actualizamos o recanto das Recomendacións Lectoras:

 




O alumnado de Ed. Primaria, no momento lector, leron os micorrelatos que elaboraron para o actividade da XI Edición de Micropoemas e Microrrelatos:







 




O alumnado de 1º e 2º seguiron traballando na creación do seu mural sobre a clasificación dos instrumentos de música tradicional.

 





 O alumnado de Infantil elaborou a través de materiais de reciclase unhas castañolas:


 

 


viernes, 16 de mayo de 2025

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

 Hoxe o alumnado dende 1º ata 4º de Ed. Primaria, participou nun obradoiro de concienciación medioambiental, sobre a importancia de separación de residuos para o medio ambiente.






 

miércoles, 14 de mayo de 2025

TRADIDÁCTICOS

Estamos achegándonos ao Día das Letras Galegas, por iso, hoxe tivemos no centro a visita de Manuel Pardo Lareo cun obradoiro de instrumentos tradicionais, baile galego e pandeireta.

 











Ao rematar con estes obradoiros, Manuel concedeunos unha entrevista para RadiOca. Como é costume, animámosvos a escoitala! Tan só tedes que clicar sobre a imaxe.