Algunha vez paraches para pensar como sería o mellor libro do mundo? Aquel que tivera todos os ingredientes que ti necesitas para que sexa o mellor libro, o máis SABOROSO ... o máis apetecible .. o máis DOCE ... ?? pois agora tes a oportunidade de crealo facendo unha receita e mesturando os ingredientes que ti necesites, Non te esquezas de contarnos o modo de preparación do teu libro pois pode que a alguén mais lle apeteza probar del.
BOAS E RICAS LECTURAS!!!
miércoles, 6 de abril de 2011
E PARA A SEMANA ... OS LIBROS ESTÁN DE ANIVERSARIO
Mirade todasc as actividades que nas que ides participar durante a semana que ven. Non vos podo anticipar nada máis, pero como vedes, temos moito para facer
CARTEL DE PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES
Semana Do Libro
CARTEL DE PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES
Semana Do Libro
Etiquetas:
actividades,
carteis,
curso 2010-2011,
dia do libro,
libros
NORABOA AOS PREMIADOS
Nesta ocasión felicitamos a Iris Gómez, gañadora na súa categoría dos premios de creación de carteis da Asociación Coto Manguelo!
E é que neste cole somos un pouco artistas, porque xa hai pouco nos enteramos que Alba e Xavier de 5º gañaron no concurso da camelia.
Xa sabedes rapaces, a seguir creando!!!
martes, 5 de abril de 2011
BENVIDA PRIMAVERA!!!
A primavera xa chegou e con ela un montón de flores e cores. A que nos gusta ver a Natureza así? Pois para iso é preciso que todos poñamos un pouco da nosa parte e a coidemos,
Aquí podedes escoitar a canción que están aprendendo os nenos e nenas de 3º ciclo.
Aquí podedes escoitar a canción que están aprendendo os nenos e nenas de 3º ciclo.
lunes, 4 de abril de 2011
CONFERENCIA EN RELACIÓN AO PAZO
O venres 1 de abril, tivemos unha conferencia no cole para o alumando, profesorado e familias. Nesta ocasión, Leonor, Otilia, Teresa e Antonio, contáronnos cómo viviron eles no pazo e os traballos que fixeron para o pazo. Foi unha marabilla escoitalos e descubrir tantas anécdotas e historias que eles lembraban. Moitas grazas pola vosa colaboración!
Etiquetas:
conferencias,
curso 2010-2011,
proxecto pazo de Oca
domingo, 3 de abril de 2011
NOVIDADES PARA 3º CICLO
viernes, 1 de abril de 2011
AS RECOMENDACIÓNS DOS COLABORADORES
Seguimos coas recomendacións, nesta ocasión están feitas por FRAN e AGUSTÍN
- La isla de las montañas. Manuel L. Alonso.
- A cidade dos desexos. Agustín Fernández Paz.
- O estanque dos parrulos pobres. Fina Casalderrey
Etiquetas:
colaboradores,
curso 2010-2011,
libros,
Recomendacións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)