cartas de amor

jueves, 11 de octubre de 2018

CONCURSO DE DEBUXO DE SAMAÍN

A Biblioteca das Palabras Máxicas  convoca o noso alumnado a participar no CONCURSO DE DEBUXO DE SAMAÍN!!!!
Esperamos os vosos debuxos que decorarán a nosa entrada!!!!!!



martes, 9 de octubre de 2018

MOSTRA SOBRE A LINGUA. A Estrada

          O pasado 3 de outubro, o alumnado de 4º 5º e 6º  de Primaria, achegáronse ata A  Estrada para participar  na mostra sobre a lingua.
         



A mostra propón un percorrido participativo pola riqueza do idioma galego a través duns personaxes que os nenos/as coñecen e identifican plenamente coa lingua propia: Os Bolechas. Ademais de didáctica, a proposta é inclusiva e multisensorial para dar resposta ás necesidades de todas as persoas. 

   Ademais a mostra contempla materiais de apoio e complementarios, como un caderno de actividades e un libro aventura dos Bolechas sobre as variedades dialectais do galego, que complementan e serven de repaso de todo o visto e vivido no percorrido expositivo.

viernes, 28 de septiembre de 2018

BENVID@S A UN NOVO CURSO

Estimadas familias, dende a Biblioteca das Palabras Máxicas, dámosvos a benvida a un novo curso.
O equipo de biblioteca xunto cos colaboradores estamos a preparar moitas actividades. Este ano o noso proxecto de biblioteca titúlase: MULLERES QUE CONTARON.
 Pouco a pouco irémosvos contando mais cousiñas...de momento deicirvos que o día 1 de Outubro a BIBLIOTECA DAS PALABRAS MÁXICAS xunto con MIROLEO comezan unha nova aventura!!!

Para os que non o coñezades, este é Miroleo a nosa mascota!!!


miércoles, 20 de junio de 2018

PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA- PLAN PROXECTA:PAISAXE E SUSTENTABILIDADE

ESTIMADAS FAMILIAS, A CONTINUACIÓN AMOSÁMOSVOS AS ACTIVIDADES REALIZADAS Ó LONGO DO CURSO EN RELACIÓN Ó PROXECTO ANUAL SOBRE O PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA

OS ALUMNOS DE 6º FIXERON UNHA PRESENTACIÓN SOBRE O PAZO E UN POWER POINT SOBRE OS ASPECTOS PRINCIPAIS DA CAMELIA



OS ALUMNOS DE 5º FIXERON UN MURAL SOBRE O XARDÍN DE PAZO DE SANTA CRUZ DE  RIBADULLA SOBRE AS ÁRBORES MONUMENTAIS E SINGULARES DE GALICIA


OS ALUMNOS DE 3º E 4º  TRABALLARON SOBRE A HISTORIA DO PAZO. FIXERON UN ESTUDO DO PASADO DO PAZO E DOS SEUS EDIFICIOS PRINCIPAIS. ADEMAIS CALCULARON A DISTANCIA EN KILÓMETROS DENDE O PAZO ATA O COLEXIO





OS ALUMNOS DE 2º TRABALLARON O OLIVO: USOS, FOLLAS, FLOR, TRONCO, DEBUXO...ADEMAIS FIXERON UN MURAL INTERACTIVO SOBRE A PAISAXE SONORA CO OBXECTIVO DE TRATAR A CONTAMINACIÓN SONORA






OS ALUMNOS DE INFANTIL TRABALLARON SOBRE AS FONTES E A AUGA. FIXERON UNHA GRAN DIVERSIDADE DE ACTIVIDADES COMO EXPERIMENTOS, MANUALIDADES, FOTOGRAFÍAS NAS FONTES DA SÚA CONTORNA, PREPARARON UNHA CANCIÓN SOBRE O CICLO DA AUGA...






lunes, 18 de junio de 2018

CONTACONTOS. O XIGANTE SEGREDO DO AVÓ

O pasado venres tivemos un contacontos  para todo o alumnado na nosa biblioteca: Manuel Solla contounos o xigante segredo do avó, e ensinounos que cando estamos en silencio escoitamos cousas maravillosas!!