Para conmemorar as letras galegas e a galardoada deste ano MARÍA VICTORIA MORENO, dende o equipo de biblioteca xunto co equipo de normalización temos preparado un concurso no noso colexio para o alumnado de primaria
Animádevos a participar e entregade os vosos debuxos na biblioteca antes do martes día 15.
Os participantes levarán un diploma e escolleranse as tres mellores caricaturas por cada ciclo
jueves, 10 de mayo de 2018
martes, 8 de mayo de 2018
XORNADA CONVIVENCIA NO CEIP DE BANDEIRA
Este venres día 11 o alumnado do Colexio de Oca achegarémonos ata o Colexio de Bandeira para levar a cabo unha xornada de convivencia, unha romaría con motivo das LETRAS GALEGAS.
SESIÓNS MUSICOTERAPIA EN INFANTIL
Ao longo do mes de abril, os cativos e cativas de infantil tiveron unhas sesións de MUSICOTERAPIA impartidas pola asociación Acrofam.
Durante catro sesións traballaron catro sentimentos:
DEBUXARON A ALEGRÍA:
FIXERON ESTE MÓVIL PARA EXPRESAR A TRISTEZA
PLASMARON A SÚA RABIA:
E ENFRONTÁRONSE ÓS SEUS MEDOS:
Durante catro sesións traballaron catro sentimentos:
DEBUXARON A ALEGRÍA:
FIXERON ESTE MÓVIL PARA EXPRESAR A TRISTEZA
PLASMARON A SÚA RABIA:
E ENFRONTÁRONSE ÓS SEUS MEDOS:
VISITA Ó PAZO DE SANTA CRUZ
Onte o alumnado de primaria, fixo unha segunda visita ó PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA.
Puxeron en práctica todo o que levan aprendido ao longo do curso sobre os xardíns do pazo, a súa historia, sobre o paseo dos olivos, sobre as camelias...
Mirade que ben o pasaron
ESTIVERON CO MARQUÉS DE SANTA CRUZ
ESTIVERON NA MESA DE JOVELLANOS, AMIGO DOS MARQUESES QUE VIÑA TEMPADAS AO PAZO E ESTA É A MESA ONDE SOÍA ESCRIBIR

lunes, 7 de mayo de 2018
PLAN DIRECTOR DA XUNTA
O pasado xoves achegouse ata o noso centro un garda civil para darlle unha pequena charla o alumnado de 5º e 6º de primaria. Dita charla pertence ao Plan Director da Xunta de Galicia e faloulles sobre as nosvas tecnoloxías, dos seus beneficios e inconvintes. Centrouse nas ameazas que nos podemos atopar na rede e das súas consecuencias na vida real.
Ademais dounos recomendacións e consellos para o uso das novas tecnoloxías, como tapar as webcam dos ordenadores, ter o noso perfil en Internet oculto ou privado, soamente falar con coñecidos e amigos, nunca publicar ou pasar fotografías íntimas polas redes sociais...

jueves, 3 de mayo de 2018
CORRELINGUA 2018
Hoxe o alumnado do CEIP DE OCA achegámonos ata A Estrada ó CORRELINGUA.
Foi unha mañán moi divertida, chea de actividades, bailes e música en galego pero sobre todo quedounos claro QUE A LINGUA NON PARA!!
Foi unha mañán moi divertida, chea de actividades, bailes e música en galego pero sobre todo quedounos claro QUE A LINGUA NON PARA!!
miércoles, 2 de mayo de 2018
CORRELINGUA 2018
Mañá xoves de 3 maio o alumnado e profesorado do Ceip Plurilingüe de Oca, participaremos no CORRELINGUA 2018 na Estrada
Suscribirse a:
Entradas (Atom)