Hoxe 20 de novembro, para conmemorar o día dos dereitos da Infancia e Adolescencia, e en colaboración coa Asociación Acougo propóñennos que veñamos en pixama ao cole!! É para representar o momento da
intimidade familiar da hora de ir a durmir, nun fogar calquera. Con esta
iniciativa preténdese facer énfase na importancia do Acollemento
Familiar para garantir o dereito de vivir en familia dos nenos, nenas e
adolescentes.

A maiores, o alumnado de Proxecto Competencial, levou a cabo unha
investigación sobre os Dereitos da Infancia, que posteriormente presentaron aos seus compañeiros/as.