cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2025-2026. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2025-2026. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de junio de 2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán que realizamos conxuntamente entre os centros PLAMBE da contorna:

- CEIP PLURILINGÜE DE OCA

- CEIP DO FOXO

- CEIP CABADA VÁZQUEZ

- CEIP PÉREZ VIONDI

- CEIP DE FIGUEIROA

 

FELIZ VERÁN E MOOOI BOAS LECTURAS


 

 

martes, 2 de junio de 2026

DESPEDÍMONOS DE RUTHIE A NOSA AUXILIAR DE CONVERSA

O pasado venres despedimos a Ruthie, a nosa auxiliar de conversa.Foi unha experiencia maravillosa poder contar con ela durante estes 2 cursos 

Grazas Ruthie


Last Friday we said goodbye to Ruthie, our conversation assistant. 
It was a wonderful experience to be able to count on her during these 2 courses.

Thank you Ruthie




 

CORRELINGUA 2026

 O pasado venres 29 de maio, os  alumnos e alumnas de 1º, 2º 3º e 4º  Ed. Primaria xunto cos centros da comarca,  foron á Estrada ao CORRELINGUA.

 










MANIFESTO DO CORRELINGUA👉https://correlingua.gal/noticias/manifesto-correlingua-2026-co-galego-no-corazon-facemos-revolucion/

miércoles, 27 de mayo de 2026

FESTA DAS PALABRAS

No Teatro Principal da Estrada celebrouse unha nova edición do concurso de microrrelatos e micropoemas que cada curso académico promoven desde Dinamizaestrada. Nesta Festa das Palabras houbo entrega de recoñecemos aos sesenta textos escollidos, que conforman un libro no que tamén hai ilustracións feitas polos nenos. Unha iniciativa en torno ás Letras Galegas no que exerceu de padriño literario Xosé Lueiro, e música con Gloria Pavía e Rafa Morales.

Nesta décimo terceira edición participaron arredor de 200 finalistas, dos que 60 resultaron premiados entre Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. O certame, centrado na creación de micropoemas e microrrelatos, pretende fomentar o uso do galego e reforzar o compromiso coa lingua entre a comunidade escolar, un dos piares fundamentais do proxecto.

 








 


No seguinte enlace ver todos os micropoemas e microrelatos do noso alumnado 



jueves, 21 de mayo de 2026

"COAS MANS NA TERRA"

 Hoxe tivemos un  obradoiro vivencial que achegou ao noso alumando ao oficio da olería tradicional a través da experiencia directoa co barro, a demostración do torno e a reflexión sobre o patrimonio cutlural.

 Dende o pobo de Buño (un dos pobos galegos referentes deste oficio), achegáronse Olalla Trigo e Fran Gorín, mestres oleiros, para introducirnos no mundo da olería.

 

  Tamén tivemos a exposición "SEN ELAS NON HAI OLERÍA", onde recoñecimos o papel invisibilizado das mulleres na transmisión e sostemento deste saber.

 


E por último tivemos un obradoiro práctico de moldeado e modelado, onde cada neno/a creou unha peza.















miércoles, 18 de marzo de 2026

DÍA DA POESÍA: VISITA DE XOSÉ LUNA

 Hoxe para celebrar o  DÍA DA POESÍA  visitounos Xosé Luna:  mestre, escritor e activista cultural do noso concello.

Presentounos o seu novo libro adicado a Avelina Valladares, que, con motivo do bicentenario da poeta estradense,a editorial Galaxia publicou recentemente toda a poesía da  Cantora do Ulla , a Obra poética. Avelina Valladares Núñez.

 

Xosé é un gran divulgador sobre a figura de Avelina Valladares  e ensinoulles moitas curiosidades como que foi pioneira da literatura galega e destacou como unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión para a prensa e pioneira tamén en empregar o galego nos seus poemas.

Para o noso alumnado, Xosé Luna é un dos escritores de referencia, xa que ao longo do curso adoitan ler as súas obras e mesmo empregan  os seus poemas para as diferentes conmemoracións do colexio.



Tamén o alumnado recitou os seus poemas que elaboraron para a XIII edición de MICROPOEMAS E MICRORELATOS.









 MOITÍSIMAS GRAZAS POLA TÚA VISITA!!









 

miércoles, 11 de marzo de 2026

VISITA DE EXPERTAS NO DÍA DA MULLER: FUNDACIÓN RENAL ESPAÑOLA

 Dentro das actividades programadas para conmemorar O DÍA DA MULLER, tivemos unha visita moi especial: a mamá de Lía e Ara xunto coa súa compañeira do servizo de diálise de Lalín explicáronlle ao alumnado o funcionamento renal así como a importancia dos hábitos saudables para previr doenzas futuras.



 Entregáronlle  ao alumnado de Ed. Primaria un libro elaborado pola Fundación Renal Española  titulado RENATA A MIÑA NEGRÓLOGA . Trátase dun libro ilustrado coa finalidade de que coñezan mais sobre a enfermidade e cómo previla


Ademais o alumnado de 6º elaborou un tríptico sobre hábitos saudables e a importancia de coidarnos que tamén se enviou ás familias.


 Podedes ver mais fotos no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoca/galeria/thumbnails.php?album=50


Moitas grazas pola vosa visita!!!