cartas de amor

jueves, 4 de diciembre de 2025

25 N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Para conmemorar esta data realizáronse varias actividades. Por unha parte, o alumnado de 1º e 2º de Primaria, crearon o Mural do bo trato. Entre todos/as elaboraron un mural con palabras e expresións amables, reflexionando sobre a importancia das mesmas. 



Por outra parte, o alumnado de 5º de Ed. Primaria, deseñaron e crearon placas relacionadas coa temática, coa axuda da cortadora láser. 



XXIX Premio de Poesía Avelina Valladares

Tamén participamos no XXIX Premio de Poesía Avelina Valladares. En concreto, tres alumnas de 2º e 3º de Ed. Primaria, Carolina, Xiana e Allegra, acudiron a este encontro en torno á poesía, recitando uns poemas de Xosé Luna recollidos no libro Viaxando Viaxando.  

PARTICIPAMOS NA MOSTRA DE TEATRO OLIMPIO ARCA

Como xa é tradición no noso centro, o pasado 27 de novembro, participamos na mostra de teatro Olimpio Arca Caldas, xunto con outros centros do concello. Neste caso, a obra escollida para interpretar foi "O segredo do Xabarín". O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria fixo un percorrido pola historia deste coñecidísimo programa, incorporando as cancións máis coñecidas e tan presente na memoria de todos/as nós.


Aquí, vos deixamos un pequeno fragmento da obra. Convidámosvos a vela completa no Festival de Nadal!


miércoles, 3 de diciembre de 2025

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Para celebrar o mes da ciencia, recibimos na nosa biblioteca, a Toupiciencia e o seu axudante Protonio, quen a partir de divertidos e dinámicos experimentos foron demostrando diferentes principios científicos, coa axuda do noso alumnado. 





Ademais, o alumnado de quinto de Primaria, fixo unha gran investigación e exposición sobre O Universo, amosándolles a todos os compañeiros/as do centro o estudado.

martes, 2 de diciembre de 2025

VIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 Un ano máis seguimos cunha das actividades de mais éxito do colexio, o VIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL!!!🎄🎅🎇

Poderán participar todos aqueles alumnos e alumnas do centro. De entre todas as postais escolleremos dúas, asique animámosvos a todos a participar  e deixade a vosa imaxinación voar!!


 

 

 

lunes, 10 de noviembre de 2025

MIROLEO RECOMENDA

Novembro, mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, Miroleo recomenda diversos libros de experimentos e curiosidades científicas co fin de pór en práctica todo o lido e comezar a experimentar!

martes, 4 de noviembre de 2025

SAMAÍN

A pasada semana, desfrutamos da celebración do Samaín no centro. Realizamos multitude de actividades, amosámosvos:

Por unha banda, como xa é tradición, houbo exposición de cabazas e produtos de outono. Os cativos/as coa colaboración das familias, botaron man da imaxinación e crearon obras divertidísimas a vez que terroríficas. 


A maiores, intercambiamos postais de Samaín cos centros da nosa contorna. 





Ademais, durante a xornada do xoves, os nenos/as puideron participar en dous talleres: contacontos terroríficos en inglés e creación de monstros, empregando materiais de refugallo. 

















Contaron tamén cun photocall!






E por último, gozamos coa actuación de Nelson Quinteiro, Barullo, quen ofreceu un espectáculo musical relacionado coa música tradicional.


Xa para rematar, cativos/as e familias degustaron chocolate con churros e castañas. Final perfecto para unha mañá do máis divertida!

lunes, 3 de noviembre de 2025

COLABORADORES EN ACCIÓN

Unha das tarefas dos colaboradores da biblioteca é realizar os préstamos e  devolucións de libros.  Cada luns, estes alumnos/as acoden á biblioteca e realizan esas funcións, para que os máis cativos desfruten das lecturas nos seus fogares. Ademais, encárganse de facer as recomendacións oportunas!



martes, 28 de octubre de 2025

MIROLEO RECOMENDA

 O noso mural expositor está cheo de recomendacións lectoras relacionadas coa temática de Samaín. 

Achegádevos a velas!

viernes, 24 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, 24 de Outubro, Día das Bibliotecas Escolares, contamos cun espectáculo de títeres e contacontos, da man de Tarabelos. Unha animación dirixida a todo o alumnado do centro, da que desfrutaron moito todos os cativos e cativas!





lunes, 6 de octubre de 2025

PARTICIPAMOS NO PROGRAMA DA TVG "O TERMÓMETRO"

Continuamos cunhas novas entregas da nosa participación no programa O Termómetro da TVG.

A continuación, ensinámosvos o resultado!





martes, 30 de septiembre de 2025

SESIÓN DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Durante esta xornada, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, acudiron a unha videoconferencia impartida polos especialistas de A.E.A.E.(Asociación Española para a prevención do Acoso Escolar), centrada nas estratexias para previr e combater o acoso escolar. Esta charla contou tamén coa colaboración de Eloi Moreno, autor de Invisible e Redes, dúas novelas que abordan dita temática. 


COMENZAMOS COAS LECTURAS COMPARTIDAS

Nesta ocasión o alumnado de sexto foi o encargado de compartir o momento lector cos máis cativos/as. Para dinamizar este momento, os colaboradores elixiron os contos A pantasma das bragas rotas e Nicomedes. Dúas historias que mantiveron os pequenos do centro moi atentos.