cartas de amor

martes, 20 de mayo de 2025

VISITA DO CLUBE A ESTRADA BASKET

 Este luns 20 de maio recibimos a visita dunha xogadora de Basket, adestradora do clube A Estrada Basket. 

Con ela puidemos gozar dunha mañá de iniciación ao baloncesto co alumnado de 1º a 6º de primaria.

Pasámolo moi ben e aprendemos moitas conceptos!

Grazas ao clube A Estrada Basket por esta visita!




 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Esta semana todas as actividades estiveron relacionadas co DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 

 

Actualizamos o recanto das Recomendacións Lectoras:

 




O alumnado de Ed. Primaria, no momento lector, leron os micorrelatos que elaboraron para o actividade da XI Edición de Micropoemas e Microrrelatos:







 




O alumnado de 1º e 2º seguiron traballando na creación do seu mural sobre a clasificación dos instrumentos de música tradicional.

 





 O alumnado de Infantil elaborou a través de materiais de reciclase unhas castañolas:


 

 


viernes, 16 de mayo de 2025

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

 Hoxe o alumnado dende 1º ata 4º de Ed. Primaria, participou nun obradoiro de concienciación medioambiental, sobre a importancia de separación de residuos para o medio ambiente.






 

miércoles, 14 de mayo de 2025

TRADIDÁCTICOS

Estamos achegándonos ao Día das Letras Galegas, por iso, hoxe tivemos no centro a visita de Manuel Pardo Lareo cun obradoiro de instrumentos tradicionais, baile galego e pandeireta.

 











Ao rematar con estes obradoiros, Manuel concedeunos unha entrevista para RadiOca. Como é costume, animámosvos a escoitala! Tan só tedes que clicar sobre a imaxe.




lunes, 12 de mayo de 2025

CONTOS DE SOFÁ: CARABUÑAS

 A semana pasada visitounos Begoña, mamá de Hugo  para contarnos un fermoso conto chamado CARABUÑAS.

Moitas grazas familia!!!


 



 

jueves, 8 de mayo de 2025

MES DO LIBRO

Son moitas as actividades que realizamos para celebrar o mes do libro. A continuación, amosámosvos un vídeo no que se recollen as recomendacións lectoras feitas por todo o alumnado do centro.

Animámosvos a velo e, por suposto, a ler as súas suxerencias!!!


Ademais, durante todo o mes, os maiores encargáronse de dinamizar os momentos lectores dos máis cativos do centro, acudindo ás súas aulas para ler e interpretar diferentes contos.