cartas de amor

martes, 13 de enero de 2026

MIROLEO RECOMENDA

Xaneiro, mes no que se conmemora o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, no mural expositor da biblioteca atoparedes moitos libros relacionados con esta temática.

Animámosvos a lelos!

CHARLA PLAN DIRECTOR

Para dar comezo a este segundo trimestre, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, recibiron unha charla por parte dunha axente da Garda Civil, enmarcada dentro do Plan Director, na que se abordaron temas moi importantes como o acoso escolar, factores de risco e ciberseguridade. 




FESTIVAL DE NADAL

A continuación, deixámosvos algunhas imaxes do Festival de Nadal, que contou con diversas actuacións: panxoliñas, obras de teatro e bailes. 

Unha xornada moi entretida que dou paso ás merecidas vacacións de Nadal. Ademais, para despedir o trimestre contamos cunha visita moi especial, Papá Noel, acudiu ao centro para saudar ao alumnado e darlles un pequeno agasallo. 















jueves, 8 de enero de 2026

VIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Con motivo das  festas de Nadal, no noso centro puxemos en marcha o VIII concurso de postais co obxectivo de escoller a imaxe que representará os bos desexos do colexio para toda a comunidade educativa e para as distintas entidades que colaboran connosco ao longo do curso.

O alumnado participou con moita ilusión nesta iniciativa, achegando propostas cheas de creatividade, cor e mensaxes de esperanza.

De entre todas, moi elaboradas,  o EQUIPO DE BIBLIOTECA escolleu dúas:

Unha das seleccionadas será a encargada de acompañar as felicitacións que enviaremos nestas datas tan especiais, para desexar unhas boas festas. A postal escollida foi a de SOFÍA CANICOBA GESTOSO, alumna de 2º de Educación Primaria.

 


A outra postal seleccionada foi a de MIGUEL CIMADEVILA GARCÍA, para as recomendacións lectoras elaboradas polos centros Plambe da Estrada.