cartas de amor

martes, 28 de abril de 2026

CONTOS DE SOFÁ

Dende a biblioteca, voltamos cunha actividade que xa é todo un clásico no noso centro, Contos de Sofá.

Como ben sabedes, todos os cursos solicitamos a colaboración de toda a comunidade educativa: familias, profes... para que se acheguen a nosa biblio a contarlle un conto aos máis pequenos do centro. 

De seguido, compartimos algunhas fotos destas sesións de lectura tan motivantes para o alumnado e das que tanto desfrutan!






RECIBIMOS A VISITA DUN RADIÓLOGO

A semana pasada recibimos a visita de Jacobo Porto, quen ademais de ser pai de dous nenos do cole, é radiólogo. 

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de coñecer en que consiste o seu traballo, descubrir curiosidades dos diferentes aparellos e incluso, analizar radiografías. 

Unha charla moi interesante que permitiu poñer en práctica todo o aprendido previamente!