Mañá será o gran día no que ensinaremos ás familias todo o que investigamos sobre as mulleres pioneiras, mulleres que contaron no pasado e seguen estando moi presentes. Esperámosvos a todo@s!!
miércoles, 19 de junio de 2019
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Aquí vos deixamos as Recomendacións Lectoras de verán que escollemos para o alumando.
Estas recomendacións están elaboradas coa colaboración dos seguintes centros Plambe:
-CEIP PLURILINGÜE DE OCA
- CEIP CABADA VÁZQUEZ
-CEIP DO FOXO
-CEIP PÉREZ VIONDI
-CEIP DE FIGUEROA
DESCARGAR RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2019
DESEXÁMOSVOS BOAS LECTURAS!!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO
Na xornada de onte fomos de excursión ata Santiago de Compostela. Primeiro visitamos a Cidade da Cultura; o noso percorrido comenzou coa exposición PENSAR COAS MANS onde vimos cerámicas, cestería e xoería de Galicia. A mostra ofrece unha visión renovada da artesanía, non só como gardiá de oficios en perigo de desaparecer senón formulando unha idea de futuro que fala de beleza dos materiais naturais.
A segunda exposición GALICIA COMO FÚTBOL. VALOR E MESTRÍA. Durante este exposición vimos mais de 300 pezas dende o ano 1876 no que se data a primeira referencia do fútbol en Galicia.
Logo achegámonos ata Área Central para desfrutar en Urban Planet.

TALLER MEDIOAMBIENTAL; VIXIANTES DO RÍO ULLA
O pasado venres tivemos no centro uns talleres medioambientais para o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de primaria, a cargo da Asociación Raiceiros de Vedra. Dito taller foi para a concienciación e a importancia da reciclaxe en xeral e mais particularmente do río Ulla.
Entregáronlle un caderno para ir cubrindo,e ao seu remate envialo á súa sede para que lles fagan un carnet de vixía do río Ulla.
Entregáronlle un caderno para ir cubrindo,e ao seu remate envialo á súa sede para que lles fagan un carnet de vixía do río Ulla.
Etiquetas:
charlas,
curso 2018-2019,
reciclaxe,
río Ulla
XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP PÉREZ VIONDI
O venres pasado o alumnado de infantil e 1º de primaria desprazámonos ata o CEIP PÉREZ VIONDI da Estrada. Alí presentámonos e logo tivemos unha mañá chea de xogos. Por último o alumnado de 3 anos bailáronnos uns bailes ben fermosos. Moitas gracias pola vosa acollida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)