Dende hai nove anos o Concello da Estrada conmemora o 23 de febreiro como Día de Rosalía cun acto público para celebrar o aniversario do nacemento desta escritora, referente universal da cultura galega. Neste 2026 os alumnos de catro escolas infantís estradenses protagonizan este vídeo, apostando por incorporar este segmento poboacional tan novo no legado e tributo que se lle rende á autora de Cantares gallegos.
Os actos do Día de Rosalía na Estrada desenvolveranse este ano o propio 23 de febreiro. Deste xeito, o Teatro Principal acolleu hoxe un evento aberto ao que están convidados os dez centros educativos de primaria e secundaria e a actividade consitiu no recitado de dous poemas de Rosalía .En representación do noso centro acudiron Uxía, Erea e Lía
































.jpg)
