Este curso escolar damos a benvida RadiOca.
Como xa sabedes doutros cursos, un programa de radio, no que intervén todo o alumnado do centro. Os presentadores e presentadoras deste formato son os alumnos e alumnas de 6º de Ed. Primaria, participando nas diferentes seccións todo o alumnado do centro. Algunhas das seccións coas que conta este espazo son as seguintes: coñecemos o noso centro, recomendacións lectoras, tema de actualidade, curiosidades, entre outras.
A realización deste programa require dunha planificación e investigación previa á gravación do mesmo. Así, como da presenza de diferentes técnicos que aseguren a súa correcta execución; conseguindo que os nenos e nenas desenvolvan diferentes competencias.
A continuación, amosámosvos algunha das imaxes do alumnado durante a preparación e gravación do mesmo.



No hay comentarios:
Publicar un comentario