O pasado venres, 30 de Xaneiro, celebrouse o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Para dita conmemoración, realizáronse varias actividades.
Comezouse cunha presentación por parte do alumnado de 5º de Primaria, nesta recollíase o motivo desta celebración, personaxes, feitos importantes e frases célebres.
De seguido, todo o alumnado fixo voar as súas pombas da paz. Unhas pombas deseñadas e creadas previamente, que intercambiaron durante esa xornada.
Por último, alumnado e profesorado, interpretaron a canción Campás pola Paz.
Para rematar, destacar que durante os recreos desta semana, dende a biblioteca levouse a cabo un taller de deseño de pulseiras para intercambiarlas durante o Día da Paz, fomentando así a xenerosidade e compañeirismo entre o alumnado.







