Esta semana recibimos a visita de Pablo Seoane. Pablo é un polifacético artesán que leva décadas impartindo clases de música tradicional, actuando, creando instrumentos tradicionais no seu taller e dando a coñecer a artistas no Festival de Lorient, pois é o delegalo nacional deste festival. Foi precisamente por esta última labor, pola cal acudiu ao centro.
Este ano, o PDI do colexio, Vivamos a nosa música II, céntrase no estudo das músicas de orixe celta, representadas na súa totalidade neste festival. Este artista falounos da importancia do mesmo, da súa labor nel e das peculiaridades das diferentes músicas alí representadas e interpretadas.
En definitiva, un achegamento ao Festival por parte de quen mellor o coñece. Ademais, antes de irse o alumnado de sexto tivo a oportunidade de facerlle unha entrevista. Animámosvos a escoitala!
Continuaremos investigando sobre esta temática!

No hay comentarios:
Publicar un comentario